Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36629

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre actividade sometida a avaliación ambiental.

Logo de solicitarse nesta alcaldía licenza municipal para a regularización, ampliación e reforma de explotación de porcino a nome de Manuel Lamas y otro, S.C., no lugar dos Carrís, Pontella, do concello de Malpica de Bergantiños, dando cumprimento ao disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a exposición pública a citada actividade.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación.

A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos estremeiros e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

En aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP e PAC), e por resultar descoñecidos os domicilios de Andrés Villar Martínez, Pedro Loureiro Villar e Manuel Romay Loureiro, sirva o presente anuncio de notificación edictal para os efectos de que durante o prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP, poidan os interesados citados examinar o expediente na Secretaría do Concello e formular as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas respecto á actividade de regularización e ampliación que se pretende executar nos Carrís.

Malpica de Bergantiños, 6 de xuño de 2014

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde