Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de agosto de 2014 pola que se notifica a resolución de imposición dunha terceira multa coercitiva IU2/81/2013-C1 (S-2011/029-P), devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 26 de xuño de 2014, ditou resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente sancionador IU2/81/2013-C1 (S-2011/029-P), que lle foi incoado a Josefa Villar Martínez pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción de vivenda unifamiliar, garaxe, piscina prefabricada, soleira de formigón, peche e piorno, no lugar de Pozo, Camiño de Nogueiral, Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non se poder realizar a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución a interesada pode interpor recurso de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

P.S. (Artigo 3 Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística