Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de agosto de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/57/2013, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 21 de xullo de 2014, ditou resolución pola que se ordena a demolición das obras de construción de dúas vivendas unifamiliares illadas de planta baixa e unha edificación auxiliar para usos residenciais, non vinculadas á explotación agropecuaria, na parcela 899 do polígono 518, no lugar da Ribeira, parroquia de Santo André de Vea, no termo municipal da Estrada, provincia de Pontevedra; e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar. A orde de demolición deberá ser executada no prazo de tres meses contados desde a notificación da presente resolución, dándolle conta á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Así mesmo, requirir a María Clara Matalobos Casanova para que no prazo de tres meses presente no Concello da Estrada a solicitude da preceptiva autorización autonómica, previa á concesión da oportuna licenza municipal, para as obras de construción dunha piscina na parcela sinalada anteriormente.

Ao non se lle poder realizar a notificación persoal daquela resolución a María Clara Matalobos Casanova e a Manuel Ángel Mato Matalobos, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

P.S. (Artigo 3 Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística