Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 3 de setembro de 2014 Páx. 37027

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de agosto de 2014 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2014, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 4 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais entro o persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberá ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo. Pola súa banda, o artigo 5 do Decreto 41/2005 dispón que os vogais nomeados por proposta da Administración autonómica poderán ser separados pola consellería competente en materia de pesca.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febrero, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

O cesamento de Alfonso García Magariños como vogal no Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar