Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38391

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de agosto de 2014 pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias Marítimo-Pesqueira e Agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 156, do 19 de agosto de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 35781, punto 1 do artigo primeiro, onde di:

«1. Catálogo de prezos públicos en residencias.

Servizo

Prezo/persoa

Residencia en pensión completa curso escolar completo

2.066,40 €

Residencia en pensión completa por período inferior a un curso escolar

11,55 €/día

Xantar por bono semanal de cinco días

23,62 €

Xantar diario non regular

5,25 €/día»

debe dicir:

«1. Catálogo de prezos públicos en residencias.

Servizo

Prezo/persoa

Residencia en pensión completa curso escolar completo

1.977,84 €

Residencia en pensión completa por período inferior a un curso escolar

11,05 €/día

Xantar por bono semanal de cinco días

22,61 €

Xantar diario non regular

5,02 €/día»

– Na páxina 35781, punto 2 do artigo primeiro, onde di:

«2. Catálogo de prezos públicos de matrícula en cursos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol.

Curso

Prezo

Formación básica en seguridade (teórico)

409,50 €

Prácticas formación básica en seguridade

304,50 €

Avanzado en loita contra incendios

420,00 €

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos)

472,50 €»

debe dicir:

«2. Catálogo de prezos públicos de matrícula en cursos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol.

Curso

Prezo

Formación básica en seguridade (teórico)

391,95 €

Prácticas formación básica en seguridade

291,45 €

Avanzado en loita contra incendios

402,00 €

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos)

452,25 €»