Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41292

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

105.600,00 €

14.4.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á unidade docente de enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona)

144.286,00 €

7.5.2014

Convenio de colaboración entre o Concello de Abegongo, Augas de Galicia-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Sanidade, para a posta en marcha do proxecto «Rural supplies: sostenibles solutions for very small water supplies», beneficiario do programa Life + da Comisión Europea (Life env/es/000557)

107.998,00 € plurianual

3.6.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandade de Doadores de Sangue

60.000,00 €

14.5.2014

Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) para o ano 2014

113.289,78 €

28.5.2014

Acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións da adquisición de vacinas da gripe estacional para a campaña 2014/15

Sen achega económica

28.4.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), para a cesión do uso da piscina do Servizo de Rehabilitación do Hospital Piñor (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)

Sen achega económica

23.4.2014

Convenio interadministrativo de colaboración entre o organismo autónomo Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo que se encomenda a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a realización de traballos de carácter técnico en relación coa preparación, licitación e execución de contratos públicos en materia de obras

Sen achega económica

12.6.2014

Oitavo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001

998.634,12 €

1.7.2014

Oitavo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001

59.815,42 €

1.7.2014

Noveno acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001

4.398.867,37 €

1.7.2014

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Valdegodos

Sen achega económica

9.7.2014

Convenio de cooperación transfronteiriza entre a Administración Rexional de Saúde do Norte da República Portuguesa e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia do Reino de España

Sen achega económica

19.6.2014

Addenda XI ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables

Sen achega económica

27.4.2014

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Roche, para promover actuacións nos ámbitos de investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención da cronicidade

Sen achega económica

9.7.2014

2º Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer) para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo

634.792,56 €

20.6.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña (UDC), para a realización do programa de posgrao Curso de Especialización en Coidados Paliativos no curso académico 2014/15

72.000,00 €

30.7.2014

Convenio de colaboración entre Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Saúde Carlos III, para o centro colaborador español do Instituto Joanna Briggs

8.000,00 €

12.3.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Santa Marta

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Santa Olalla

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Los Gozos

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Nosa Señora de Fátima

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Nosa Señora da Esperanza

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Nosa Señora do Socorro

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Monterrei

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na residencia de gravemente afectados Santa María Ourense

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na residencia de gravemente afectados Santa Cruz

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica na Residencia de adultos Las Flores

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no centro de apoio social a procesos terapéuticos Sagrada Familia

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia O Bolo

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Santa María da Veiga

Sen achega económica

25.8.2014

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Stella Maris

Sen achega económica

25.8.2014

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Nosa Señora do Carme (Sober)

Sen achega económica

25.8.2014

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia de Maiores A Mezquita

Sen achega económica

25.8.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Asistencia Integral Personalizada, S.L. para a organización da prestación farmacéutica na Residencia para persoas con discapacidade Bóveda

Sen achega económica

25.8.2014