Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41287

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

Os días 6, 7, 8, 9, 10, 11, 13 e 14 de outubro de 2014.

4. Lugar de realización:

INTEC.

Avda. da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns.

15220 Ames (A Coruña).

5. Número de prazas:

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 6.10.2014

10.00-11.00 h

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo; temporalización e dinámica de grupo (toma de contacto).

11.00-11.15 h

Descanso

11.15-14.00 h

Praguicidas. Clasificación.

16.00-18.00 h

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

18.00-18.20 h

Descanso

18.20-20.00 h

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

Día 7.10.2014

10.00-11.15 h

Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

11.15-11.30 h

Descanso

11.30-14.00 h

Transporte, almacenamento, distribución e venda II. Lexislación II.

16.00-18.00 h

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

18.00-18.20 h

Descanso

18.20-20.00 h

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

Día 8.10.2014

10.00-11.15 h

Formulacións II. Preparación II. Equipamentos de aplicación II.

11.15-11.30 h

Descanso

11.30-14.00 h

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

16.00-18.00 h

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

18.00-18.20 h

Descanso

18.20-20.00 h

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 9.10.2014

10.00-11.15 h

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

11.15-11.30 h

Descanso

11.30-14.00 h

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

16.00-18.00 h

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

18.00-18.20 h

Descanso

18.20-20.00 h

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

Día 10.10.2014

10.00-11.15 h

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

11.15-11.30 h

Descanso

11.30-14.00 h

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

16.00-18.00 h

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

18.00-18.20 h

Descanso

18.20-20.00 h

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

Día 11.10.2014

10.00-11.15 h

Precaucións e normas de seguridade.

11.15-11.30 h

Descanso

11.30-14.00 h

Precaucións e normas de seguridade II.

16.00-18.00 h

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

18.00-18.20 h

Descanso

18.20-20.00 h

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 13.10.2014

10.00-11.15 h

Equipamentos de protección persoal II. Saúde laboral II.

11.15-11.30 h

Descanso

11.30-14.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

16.00-18.00 h

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

18.00-18.20 h

Descanso

18.20-20.00 h

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

Día 14.10.2014

10.00-11.30 h

Repaso xeral.

11.30-11.45 h

Descanso

11.45-14.00 h

Posta en común/debate sobre un tema do programa formativo. Resolución, dúbidas e exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.
Nivel cualificado

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas:

Os días 6, 7, 8, 9, 10, 11, 13 e 14 de outubro de 2014.

Lugar de celebración do curso:

INTEC.

Avda. da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns.

15220 Ames (A Coruña).

Duración:

60 horas teórico/prácticas.

Horario:

En horario de 10.00-14.00 h e de 16.00-20.00 h, agás o día 14 de outubro que será de 10.00-14.00 h.

Nº de prazas:

Máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña, avda. Arcadio Pardiñas, 44, entresollado. 27880 Burela (Lugo) a atención de Ramón Hermida Pumares.

Tel.: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, xunto con: fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––

Nome e apelidos ....................................................................................................

Data de nacemento ................................................................................................

NIF/DNI ...................................................................................................................

Enderezo .................................................................................................................

CP .................................. Localidade ......................................................................

Tel. ................................. Correo electrónico ...........................................................