Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 25 de agosto de 2014, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución de caducidade do expediente sancionador S-P-20.13, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de caducidade do expediente sancionador S-P-20.13 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da entidade interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

Mercedes Domínguez Francisco
Xefa do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-20.13.

Interesado: Alexandre Miguel Fernández Barbosa. Compra y Venta de Madera.

Último enderezo coñecido: Parada, Cerquido, nº 7, 36475 O Porriño, Pontevedra.

Feitos imputados: corta de árbores e abandono dos seus restos, danos e estragos ocasionados polo uso de maquinaria pesada nas pistas forestais e a apertura de pista para sacar a madeira, no contorno de protección do castro de Santa Tegra, no Concello da Guarda (Pontevedra), sen contar coa previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.