Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41517

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2014.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.297.550 €

22.7.2014