Advertido un erro no referido anuncio, publicado no DOG nº 176, do 16 de setembro de 2014, é preciso facer a seguinte corrección:
– Na páxina 41305, no punto primeiro, onde di: «Titulación exixida: Diplomado/a en Logopedia», debe dicir: «Título de mestre/a ou título de grao correspondente e diplomado/a en Logopedia».
Onde di: «Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión regulada de Logopeda», debe dicir: «Título de mestre/a ou grao correspondente que habilite para o exercicio da profesión regulada de Logopedia».