Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42237

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de libre designación, unha praza de xefe do Servizo de Comunicación.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de libre designación, dunha praza de xefe do Servizo de Comunicación.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro de Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 4 de setembro de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Comunicación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A.

Nº de vacantes: 1.