Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42234

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, de determinados postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

Por Resolución do 9 de abril de 2014 (DOG nº 86, do 7 de maio), convocáronse para a súa provisión, polo sistema de avaliación colexiada, determinados postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sétima, e á vista do currículo profesional e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da dita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013 (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicarlles os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Os aspirantes nomeados serán avaliados, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 7 da Orde do 24 de maio de 2006 avaliará fundamentalmente a actividade realizada para a implantación do proxecto técnico e o cumprimento dos obxectivos que se tiveron en conta no proceso de selección.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 4 de setembro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

Nome e apelidos: Manuel García García.

DNI: 34911034R.

Posto: xefe do Servizo de Uroloxía.

Nome e apelidos: Dionisio López Bellido.

DNI: 07848562L.

Posto: xefa do Servizo de Pediatría.

Nome e apelidos: Mª de las Nieves Balado Insunza.

DNI: 44431479X.

Posto: xefa da Sección de Xinecoloxía.

Nome e apelidos: Carmen Varillas del Río.

DNI: 20218533S.

Posto: xefa da Sección de Obstetricia.

Nome e apelidos: Esther Álvarez Silvares.

DNI: 34951479N.

Posto: xefe da Sección de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

Nome e apelidos: Alberto Parajó Calvo.

DNI: 36049745M.