Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42331

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 122/2014, do 25 de setembro, polo que se acorda encomendar ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que se encargue do despacho de asuntos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Con motivo da ausencia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, faise necesario prover a súa substitución ata o seu regreso.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Durante a ausencia da súa titular, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente