Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio de procedemento de reintegro de axudas e subvencións do programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (anexo B) (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa ao expediente TR348B 2010/77-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 2 de setembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/77-2.

Nome: Mª Luisa Rodríguez Sánchez.

DNI/NIF: 33804171-J.

Último enderezo coñecido: rúa Pousadela, 2, 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de tres (3) anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.