Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42392

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014 pola que se lle dá publicidade á decisión do xurado dos Premios da Cultura Galega 2014.

A Orde do 21 de abril de 2014 (Diario Oficial de Galicia 81, do 29 de abril), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocou para este ano os Premios da Cultura Galega creados pola Orde do 24 de setembro de 2010. O seu obxecto é distinguir persoas ou entidades con traxectoria nos distintos eidos da creación, conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do capital intelectual tanto na Comunidade Autónoma coma no exterior.

De acordo co disposto no artigo 6 da devandita orde, a decisión do xurado coa concesión dos premios farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Polo tanto, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Darlle publicidade á decisión do xurado que na reunión do 17 de setembro de 2014 acordou conceder os Premios da Cultura Galega 2014 ás seguintes candidaturas:

Premio Cultura Galega de Letras: Xosé Neira Vilas.

Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Galería Trinta.

Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Cándido Pazó.

Premio Cultura Galega de Música: Festival de Ortigueira.

Premio Cultura Galega de Audiovisual: Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

Premio Cultura Galega de Lingua: David Mackenzie.

Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: Grupo Marcelo Macías.

Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Centro Pen Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria