Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42414

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (552/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 552/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Juan Diego sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido

1º. Que estimando a demanda formulada por Juan Diego Calvete Losada contra a empresa Zhejiang Fuxin España, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 2.278,89 euros, que lle debe como principal e 532,57 euros por xuros moratorios ata a presente sentenza.

2º. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6, inciso primeiro, da Lei da xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3 b), d) ou e) da Lei reguladora da xurisdición social, no caso dos supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Zhejiang Fuxin España, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de setembro de 2014

O secretario xudicial