Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2010/0129-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2010/0129-4.

Acta: I362010000026417.

Empresa: Forestaga, S.L.

DNI/NIF: B-36589539.

Enderezo: Antón Losada Ríos, 28, Silleda.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 3 e disposición transitoria única do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo; artigos 2.1, 4.5.1 e anexo I do Real decreto 1435/1992, do 27 de novembro, e anexo I, número 1, punto 8, do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3.c) e h) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 27 de xuño de 2014.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 28 de agosto de 2014

P.A. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa