Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 12 de setembro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0024/2014-LSA.

Denunciado: José Antonio Cacabelos Riveiro.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0142/2014-VNA.

Denunciada: Paula Padín Cacabelos.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0148/2014-BIO.

Denunciada: Josefa Canosa Muñiz.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0061/2014-VNA.

Denunciado: Emilio Cochón Barros.

Acto de notificación: acordo de incoación.