Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de setembro de 2014 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Antonio Vázquez Friol (concello de Dozón) (clave DH.D36.46119).

O 11 de agosto de 2014 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Antonio Vázquez Friol (Dozón).

Intentada a notificación do dito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado e fáiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo e presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia