Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42817

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto de convocatoria e bases da oferta de emprego para o ano 2014.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 214, do 17 de setembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, acceso libre, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2014 que a seguir se relacionan:

Número de vacantes: unha. Denominación: licenciado en Ciencias do Traballo. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala de Administración especial, subescala técnica. Técnicos superiores. Grupo A, subgrupo A1.

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico de xestión. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala de Administración xeral, subescala xestión. Grupo A, subgrupo A2.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial que figura no anexo I das bases xerais (BOP núm. 214, do 17 de setembro de 2014 (páx. 22) e páxina web
www.deputacionlugo.org).

Lugar de presentación: no rexistro xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Órgano a quen se dirixe: dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación de solicitudes: vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Documentación que se deberá acompañar necesariamente á solicitude dentro do prazo de presentación de solicitudes:

– Documentación acreditativa de ter aboados 15 € en concepto de taxa por participación en procesos selectivos ou 3,75 € se acreditan documentalmente, mediante certificación do servizo público de emprego estatal, a súa condición de desempregado e de non ter dereito á prestación por desemprego.

– As ditas taxas aboaranse na tesouraría desta entidade, ou ben facendo unha transferencia bancaria na conta número ES04 2080-0163-85-3110000423 de Abanca ou mediante xiro postal, debendo presentar copia do ingreso coa solicitude.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de edictos da entidade.

Lugo, 17 de setembro de 2014

P.D. (Decreto 2228/2012, do 18 de xullo)
Lara Méndez López
Vicepresidenta da Deputación Provincial
de Lugo

José Antonio Mourelle Cillero
Secretario da Deputación Provincial
de Lugo