Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra de mellora da seguridade viaria no Cerquido.

Por Decreto de Alcaldía do 29 de agosto de 2014 aprobaronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 22/14).

2. Obxecto do contrato: obra de mellora da seguridade viaria no Cerquido.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 158.159,48 € (130.710,31 € + 27.449,17 € en concepto de IVE).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 29 de agosto de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde