Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42750

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4842/2012 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4842/2012 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 693/2011 Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Recorrente: David Mourelle Agruña.

Avogada: Paula López Acebedo.

Procuradora: María Pilar Castro Rey.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Muralla 2000, S.L., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4842/2012 MCR desta sección, seguido por instancia de David Mourelle Agruña contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Muralla 2000, S.L., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de David Mourelle Agruña contra a sentenza de data 3 de xullo de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, en procesos sobre determinación de continxencia, promovido polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Ibermutuamur e Muralla 2000, S.L., e confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, sección aberta en Banesto co número 1552, e deberase indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámalo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Muralla 2000 (Vilela Inversiones), expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de setembro de 2014

A secretaria xudicial