Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42752

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (591/2013).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Luis Vázquez Salgueiro fronte a Excavaciones Mejuto, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido

Que desestimando integramente como desestimo a demanda formulada pola representación procesual de Luis Vázquez Salgueiro contra Excavaciones Mejuto, S.L., debo absolver e absolvo a demandada das pretensións fronte a ela exercidas.

Imponse á parte demandante o pagamento das custas causadas no presente procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da súa notificación, e se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Excavaciones Mejuto, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 9 de setembro de 2014

A secretaria xudicial