Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 42981

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 26 de setembro de 2014 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014.

O Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no seu artigo 27 establece unha axuda para aumentar o valor económico dos bosques a favor dos propietarios particulares ou as súas asociacións. As súas disposicións de aplicación establécense no Regulamento (CE) nº 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006.

Como resposta ás disposicións do citado Regulamento (CE) nº 1698/2005, a Xunta de Galicia elaborou o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013, no cal se inclúe a medida 122, de aumento do valor económico dos bosques, que contribúe a reestruturar e desenvolver o seu potencial físico co obxectivo de mellorar as condicións produtivas da superficie forestal mediante actuacións de mellora silvícola.

O Regulamento de execución (UE) nº 679/2011 da Comisión, do 14 de xullo de 2011, que modifica el Regulamento (CE) nº 1974/2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), recolle que os Estados membros poderán establecer a contía das axudas previstas no artigo 27 do Regulamento (CE) nº 1698/2005 baseándose en custos estándar.

O Regulamento de execución (UE) nº 335/2013 da Comisión, do 12 de abril de 2013, que modifica o Regulamento (CE) nº 1974/2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005 do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao cal tamén está suxeita esta orde, establece as normas de transición entre este período e o seguinte.

O Regulamento (UE) nº 1310/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, establece disposicións transitorias relativas á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), modifica o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que atinxe aos recursos e á súa distribución no exercicio de 2014, e modifica o Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello e os Regulamentos (UE) nº 1307/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta a súa aplicación no exercicio de 2014.

O dito regulamento recolle no seu artigo 1, número 1, que os Estados membros poderán seguir contraendo novos compromisos xurídicos en 2014 en relación coas medidas do artigo 20 do Regulamento 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, entre as cales se encontra a medida 122 do PRD de Galicia, incluso unha vez esgotados os recursos financeiros do período de programación 2007-2013, sempre que a solicitude de axuda se presente antes da adopción do programa de desenvolvemento rural do período de programación 2014-2020, sen que o outorgamento destas axudas poida estenderse máis alá do 31 de decembro de 2014, xa que, en caso contrario, serían incompatibles co mercado interior.

O Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación do dito sistema e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do sistema integrado de xestión e control, e o resto dos réximes de axuda relacionados coa superficie da política agrícola común. Así mesmo, a Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais. A Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o establecido no Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas, que teñen como obxectivos os seguintes:

a) A mellora silvícola das masas forestais existentes, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras.

b) O aumento da superficie forestal arborizada.

c) A obtención de montes arborizados con producións elevadas e de calidade suficiente, que posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a consolidación de aproveitamentos complementarios.

d) A promoción da silvicultura de xeito que contribúa como fonte de xeración de emprego das persoas que viven no rural.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ten por obxecto a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, constitúe a norma básica de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, os artigos 12 núm. 1.e), 15 núms. 2 ao 8 e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, establecen normas de prevención de incendios forestais, e a Orde de 31 de xullo de 2007 establece os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a silvicultura en bosques no medio rural e proceder á súa convocatoria para o ano 2014 en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

O disposto nesta orde será de aplicación a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:

a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).

2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarios ou titulares dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poderen acceder a estas subvencións, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Artigo 4. Intensidade da axuda

A intensidade da axuda para estas actuacións será como máximo do 60 % en zonas desfavorecidas (ver anexo VIII) e do 50 % noutras zonas, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico.

Artigo 5. Actuacións obxecto de axuda e importes

Os cinco tipos de actuacións obxecto de axuda e os importes por actuación son os seguintes:

1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm e razón media altura a diámetro menor de 90.

a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm que acaden unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha: 1.031,41 €/ha.

b) Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: 682,68 €/ha.

No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas deste número poderán incrementarse nun 20 %.

Non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura, nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa, no caso que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.

2. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas:

a) Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas: 515,16 €/ha.

b) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 3 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm, unha altura media entre 4 e 7 m e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha: 605,70 €/ha.

c) Podas altas en masas de coníferas de elevada calidade con menos de 23 cm de diámetro normal, ata unha altura mínima de 4 m e máxima de 6 m cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 750 pés/ha, con poda de como mínimo 350 pés/ha homoxeneamente distribuídos, sempre que se xustifique debidamente no proxecto que estes pés son para a corta final con destino á serra: 777,40 €/ha.

d) Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: 682,68 €/ha.

No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas deste número poderán incrementarse nun 20 %.

Dentro deste número, terá que solicitarse obrigatoriamente a poda (2.b ou 2.c), e pódese solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas (2.a). Non se solicitará na mesma superficie a poda baixa ata 2-3 m (2.b) e a poda alta ata 4-6 m (2.c).

3. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 20 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m:

a) Rozas: 696,73 €/ha.

b) Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e poda ata 1/3 da altura como mínimo: 508,40 €/ha.

c) Selección de abrochos: 694,87 €/ha.

d) Rareos: 837,08 €/ha.

Dentro deste número, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212,00 €.

4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha:

a) Rozas: 696,73 €/ha.

b) Podas: 661,40 €/ha.

c) Tratamento fitosanitario: 131,87 €/ha.

d) Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta: 194,77 €/ha.

Dentro deste punto poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie, sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544,00 €.

5. Tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapa, en quendas de 25 anos.

a) Poda en plantacións de eucalipto, cunha altura media de 8 metros e unha densidade máxima de 1.200 pés/ha, con poda dun mínimo de 450 pés /ha e un máximo de 600 pés/ha, homoxeneamente distribuídos, elixidos entre os mellor conformados, e ata unha altura mínima de 2,5 metros e máxima de 4 metros, non superando o diámetro das polas podadas os 3 cm: 792,24 €/ha.

b) Rareo en plantación de eucalipto de todos os pés non podados na alínea a) ata deixar unha densidade máxima despois da clara de 600 pés/ha, incluída a extracción ou eliminación de restos: 627,82 €/ha.

c) Selección de abrochos de eucalipto e extracción ou eliminación de restos en terreos nos cales nos últimos 5 anos se realizou unha corta total da masa e a altura media dos abrochos existentes non supera os 8 metros, ata acadar unha densidade final mínima de 600 abrochos/ha e máxima de 816 abrochos/ha, homoxeneamente distribuídos, elixidos entre os mellor conformados, deixando un só abrocho por cepa: 694,87 €/ha.

d) Poda de abrochos de eucalipto, ó ano seguinte o de realizarse unha selección de abrochos (c), con poda da totalidade dos abrochos existentes ata unha altura mínima de 2,5 metros e máxima de 4 metros: 792,24 €/ha.

No caso de solicitarse axuda para a alínea a) é obrigatorio solicitar a alínea b) para a mesma superficie; non se pode solicitar a alínea b) unicamente.

No caso de solicitarse axuda para a alínea c) é obrigatorio solicitar a alínea d) para a mesma superficie; non se pode solicitar a alínea d) unicamente.

As actuacións indicadas nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deste artigo non poderán solicitarse sobre unha mesma superficie.

Poderanse subvencionar os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo VIII de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.

Non se poderán solicitar as mesmas actuacións sobre superficies xa subvencionadas nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2012 e 2013.

O IVE non é subvencionable.

Artigo 6. Condicións técnicas xerais

1. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.

2. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo VII, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual cunha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, nas cales non é necesaria a colocación do cartel.

3. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberá cumprirse, en todo caso, o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos artigos 12 núm. 1.e), 15 núms. 2 ao 8 e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, e o disposto na Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa forestal.

4. Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia, logo de informe de viabilidade do Servizo Provincial de Montes correspondente. No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse axuda naquela superficie non consorciada.

5. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

6. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.

7. No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

8. Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos coidados culturais do voo con diámetro en punta grosa superior a 6 cm, serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm de lonxitude e con distribución homoxénea, ou ben extraídos do predio obxecto de axuda para o seu aproveitamento como biomasa, e o dito aproveitamento débese xustificar documentalmente xunto coa notificación de remate dos traballos.

9. As rozas previas ás podas en masas de coníferas (2.a) soamente poderán solicitarse naqueles terreos onde a altura do mato impida a realización da poda. En ningún caso a altura das podas (2.b e 2.c) poderá superar a metade da altura da árbore.

A poda alta (2.c) soamente poderá solicitarse en masas de boa calidade produtiva, destinadas a obter madeira de serra sen defectos, o que se xustificará debidamente na memoria descritiva mediante a estimación da idade, índice de sitio, altura e diámetro medio das árbores e calidade dos troncos.

10. A ferramenta que se empregará nos traballos de rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros deberá estar desinfectada ou esterilizada cando se cambie de pé, para evitar a propagación de enfermidades ou pragas.

11. Nas superficies de actuación os beneficiarios comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

12. Os montes con superficies superiores a 250 hectáreas deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación ou plan de xestión no cal se considere a realización dos traballos solicitados ao abeiro da presente orde.

13. No caso de tratamentos silvícolas en masas de eucalipto, tanto nas podas como na selección de abrochos, co obxecto de obter madeira de calidade, estes teñen que estar homoxeneamente distribuídos na superficie e respectaranse os pés mellor conformados; a altura media non superará os 8 metros. Sempre haberá que eliminar ou extraer os restos dos tratamentos.

14. A planta empregada na rexeneración de soutos deberá cumprir o Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución e, supletoriamente, os requisitos de procedencia e calidade exterior exixidos polo Real decreto 289/2003, así como os sanitarios, regulados polo Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro. Empregarase castiñeiro do país a altitudes superiores a 550 m e clons híbridos resistentes á tinta en altitude inferior, salvo xustificación expresa na memoria ou no proxecto.

Artigo 7. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. O proxecto coas actuacións deberá conter, como mínimo, o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos, ...

b) Descrición das actuacións a levar a cabo coa desagregación dos traballos a nivel de parcela Sixpac e recinto.

c) Especies, densidade final, quenda da especie, ....

d) Indicación de se os terreos se atopan en Rede Natura 2000, en zonas de protección lateral do camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, que regula o Decreto 232/2008, do 2 de outubro.

e) Orzamento.

f) Cartografía: planos sobre mapas oficiais e fichas Sixpac das parcelas para as cales solicita a axuda. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, en ficheiro DXF (en soporte informático), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Os MVMC deberán presentar, ademais os planos a escala 1:25.000.

As agrupacións de propietarios terán que incluír nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada membro da agrupación.

Nos planos presentados deberá reflectirse indubidablemente onde se localizan os distintos tratamentos que se efectuaran na mesma parcela.

O ficheiro DXF deberá estar estruturado da seguinte maneira:

Elementos do plano

Nivel ou capa

Cor

Límite de monte

1

Azul

Límite de mouteiras de actuación

2

Vermello

Pistas existentes

3

Verde

Devasas existentes

4

Amarelo

Puntos de auga existentes

5

Negro

Especies existentes na mouteira (texto)

6

Negro

Código de propietario

7

Negro (anexo II)

Artigo 8. Superficies forestais mínimas, máximas para solicitar axudas e superficies excluídas

A) Superficie mínima:

1. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 5 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Para as Sofor, asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, as entidades locais, cooperativas agrícolas, proindivisos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens e outras persoas xurídicas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea en couto redondo, sen que se admita máis dun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

B) Superficie máxima.

1. Para comunidades de montes veciñais en man común a superficie de actuación máxima por solicitude será de 50 hectáreas e admitirase máis dun couto redondo sempre que cada un deles supere a superficie mínima de 3 hectáreas para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas, e de 5 hectáreas para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas.

2. Para as Sofor, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, proindivisos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as entidades locais, comunidades de bens e outras persoas xurídicas, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas en, como máximo, tres unidades de superficie en couto redondo, sempre que o couto redondo supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun só couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

C) Excluiranse da superficie de actuación os encravados de extensión igual ou superior a 100 m2, pistas, estradas etc.

Artigo 9. Compromisos

Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

1. Compromisos de mantemento e conservación:

a) O titular comprométese a manter a masa conforme as condicións de aprobación da axuda e a conservala durante cinco anos, contados a partir da data da comprobación final, e a proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante.

b) No caso de tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapa, o compromiso de mantemento e conservación da masa é ata que acade un mínimo de 25 anos.

c) No caso de agrupacións de propietarios:

– A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario membro da agrupación.

– Os integrantes da agrupación comprométense a levar unha xestión conxunta da masa durante cinco anos, contados a partir da data da comprobación final.

2. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da aprobación o terreo for obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberá comunicalo inmediatamente, por escrito, ao Servizo Provincial de Montes, con obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

3. No caso de abandono ou destrución da masa por calquera causa, agás forza maior allea ao beneficiario, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da masa.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar nas materias relacionadas nesta orde.

5. Nos montes conveniados que formen parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable, que forma parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Distribución do crédito e prioridades

1. Distribución do crédito.

a) Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 20, segundo o tipo de beneficiario:

a.1. Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

a.2. Asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, entidades locais, comunidades de bens, montes de varas, Sofor e outras persoas xurídicas: 45 %.

a.3. CMVMC con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas: 20 %.

a.4. CMVMC con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas: 25 %.

b) Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

b.1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 1.000.000,00 €.

b.2. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas: 1.500.000,00 €.

b.3. Tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa comprendido entre os 10 e os 20 cm: 1.250.000,00 €.

b.4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros: 500.000,00 €.

b.5. Tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapa, en quendas de 25 anos: 750.000,00 €.

2. Prioridades.

Dentro de cada un dos puntos anteriores establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación:

a) Segundo o tipo de traballo solicitado:

Punto 1. Rareos en masas de coníferas: 1 punto por hectárea de rareo.

Punto 2. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas:

2.1. Rozas previas á realización de podas: 0 puntos por hectárea.

2.2. Podas entre 2 e 3 m: 3 puntos por hectárea.

2.3. Podas de entre 4 e 6 m: 2 puntos por hectárea.

Punto 3. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masas comprendido entre os 10 e os 20 cm (consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha):

3.1. Rozas: 1 punto por hectárea.

3.2. Formación de guías nas cales se manifeste nitidamente a dominancia apical e poda ata 1/3 da altura como mínimo: 2 puntos por hectárea.

3.3. Selección de abrochos: 2 puntos por hectárea.

3.4. Rareos: 1 punto por hectárea.

Punto 4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros:

4.1. Rozas: 2 puntos por hectárea.

4.2. Podas: 4 puntos por hectárea.

4.3. Tratamento fitosanitario: 1 punto por hectárea.

4.4. Aumento da densidade dos soutos: 3 puntos por hectárea.

Punto 5. Tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapas, en quendas de 25 anos: 1 punto por hectárea de actuación.

b) No caso de montes veciñais en man común que invistan o 40 % ou máis dos seus ingresos no último exercicio fiscal en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior dos tres apartados seguintes:

• Investimentos de máis dun 40 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal: 10 puntos.

• Investimentos de máis dun 50 % e ata un 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal: 20 puntos.

• Investimentos de máis dun 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal: 30 puntos.

c) No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos 3 exercicios fiscais: 10 puntos.

d) Por cada membro da sociedade ou agrupación de propietarios particulares, da cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios) ou da comunidade de bens (ata un máximo de 10): 1 punto.

e) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

f) Sociedade de fomento forestal rexistrada (Sofor): 50 puntos.

g) Monte cun instrumento de xestión rexistrado (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes): 10 puntos.

h) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos. A data que se terá en conta á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes.

i) Monte veciñal en man común sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 10 puntos.

No caso de empate, priorizarase por maior superficie de actuación e, de persistir o empate, de maior a menor valor das catro últimas cifras do DNI ou NIF do titular dos terreos.

No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado nos distintos puntos, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 11. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 22 de xuño, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria poderase presentar por vía electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, e debe presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. Neste modelo formalizado de solicitude inclúese unha declaración, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, na cal o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que todos os datos reflectidos na solicitude/declaración son certos, sen prexuízo da presentación da xustificación acreditativa dos requisitos que nela se reflicten, con anterioridade á proposta de resolución da concesión.

Entre outros datos, esta declaración inclúe:

• Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común, a declaración responsable de ser o titular da propiedade.

• Se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.

• Se na superficie de actuación existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, que regula o Decreto 232/2008, do 2 de outubro.

• Se a superficie de actuación está dentro da Rede Natura 2000.

5. O solicitante fará constar na solicitude se a superficie de actuación comprende calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal.

Nestes casos, solicitarase de forma interna antes da aprobación da axuda, informe ao órgano competente por razón da materia. No caso de que o dito informe sexa desfavorable non se admitirá a trámite a solicitude de axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun instrumento de xestión forestal aprobado e co informe favorable do departamento competente.

Non se poderá conceder axuda sobre terreos que conteñan hábitats prioritarios.

6. Deberán presentar a solicitude correctamente completada conforme o anexo I. A solicitude terá a consideración de declaración responsable. Os datos da solicitude que se citan a seguir son esenciais para a súa priorización, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar a inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que der lugar.

– Datos da persoa solicitante.

– Datos do tipo de solicitante.

– Outros datos.

– Tipo de actuación e datos do investimento.

– Datos Sixpac.

Os datos que non veñan recollidos na solicitude non se terán en conta na priorización.

7. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos.

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav.

Artigo 12. Prazos

1. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

2. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se atopen nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase empregar un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos. En cada impreso de solicitude unicamente se poderá solicitar axuda para un só tipo de actuación dos contidos no artigo 5.

3. Os traballos obxecto de solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda.

Artigo 13. Documentación

1. Documentación que se presentará xunto coa solicitude (anexo I):

a) Documentación xeral:

a.1) Fotocopia do DNI, NIF do solicitante, do representante deste e dos membros que constitúen os proindivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou as comunidades de bens, só no caso de que non se autorice a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

b) Documentación específica:

b.1) Para agrupacións formalmente constituídas en trámites de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentase debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo II ou acordo de cesión.

b.2) Para proindivisos, de varas, fabeo, voceiros, de voces, abertais e comunidade de bens presentarase debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo III (acordo de compromisos e obrigas).

2. Documentación que se presentará unha vez que sexa requirido pola Administración de acordo co establecido no artigo 14.4 desta orde:

a) Documentación xeral:

a.1) Documentación acreditativa dos méritos reflectidos na declaración xurada.

a.2) As comunidades de montes veciñais en man común, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, proindivisos, de varas, abertais, de voces, vocerío, de fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar o proxecto e unha copia en soporte informático (PDF ou similar), asinado por un enxeñeiro de montes ou un enxeñeiro técnico forestal, e o nomeamento do director de obra.

a.3) Documento descritivo das actuacións, ou anexo V, no caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas.

a.4) Unha copia compulsada do documento que acredite a titularidade dos terreos.

a.5) No caso de axudas para tratamentos silvícolas en masas de eucalipto: anexo VI (compromiso de mantemento de masas de eucalipto).

b) Documentación para comunidades de montes veciñais en man común:

b.1) Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o presidente da comunidade para pedir axudas á Consellería do Medio Rural e do Mar para a execución das accións obxecto da solicitude.

b.2) Certificado de ingresos e reinvestimento en melloras no monte veciñal en man común (anexo IV).

c) Documentación complementaria:

c.1) Para agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas: NIF e documento acreditativo de constitución onde conste as persoas que forman parte da sociedade ou agrupación.

A agrupación deberá estar de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo concedido no requirimento para achega da documentación acreditativa dos méritos.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.

c.4) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda.

c.5) No caso dos proindivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo e as comunidades de bens, deberase presentar a xustificación acreditativa da representación na persoa designada na solicitude mediante constancia fidedigna en documento público ou comparecencia persoal ante un funcionario desta administración pública.

c.6) Para todos: certificado ou informe do concello correspondente no cal se indique a clasificación urbanística do solo.

c.7) Para todos: declaración responsable en que se relacionen as parcelas Sixpac, a súa clasificación catastral e a urbanística para a superficie para a cal solicitan a axuda.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Tramitación

1. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2 A solicitude presentada enviarase, revisarase e codificarase nos servizos de montes provinciais. As solicitudes que non tivesen completados os campos obrigatorios establecidos no artigo 11.6 desta orde non serán admitidas a trámite.

3. Os servizos provinciais de montes examinarán as solicitudes presentadas e emitirán un informe en que se recollan todas as solicitudes que se axustan ás condicións requiridas nesta orde, así como as que non se axustan, indicando claramente a causa do incumprimento, e elevarano á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano instrutor, clasificaraas por orde decrecente segundo os criterios de prioridade establecidos no artigo 10 desta orde e emitirá un único informe en que se reflicte a relación de solicitudes admitidas e clasificadas na orde de maior a menor, especificando para cales existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, así como as solicitudes que non poden admitirse a trámite por non teren recollidos os datos mínimos que se exixen no artigo 11.6 desta orde.

4. De seguido, a Administración requirirá aos solicitantes para que os cales existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, acheguen:

– A documentación acreditativa dos datos reflectidos na solicitude.

– O proxecto, xunto cunha copia en soporte informático (PDF ou similar), asinado por un enxeñeiro de montes ou un enxeñeiro técnico forestal, das actuacións que se levarán a cabo e o nomeamento dun director de obra. No caso dos propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, será suficiente con presentar completado o anexo V.

– E, no caso de que a súa solicitude conteña defectos ou omisións, os emenden, conforme se establece no artigo 72 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Neste requirimento indicarase, ademais que, se non se fixer se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 42 da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellar, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

5. Os servizos provinciais de montes analizarán a documentación xustificativa. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

Se o proxecto for de cantidade económica superior ao estimado na solicitude, prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

Se no proxecto a superficie total das parcelas sobre as cales se solicita a axuda non coincide coa superficie total indicada na solicitude, considerarase como unha discrepancia e a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

6. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais emitirá un informe onde se reflicten os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubran a dispoñibilidade orzamentaria, os solicitantes que presentaron correctamente a documentación acreditativa a que se refire o artigo 13 desta orde, así como as incidencias que deran lugar ao decaemento en trámite dalgunha solicitude e elevará a súa proposta ao secretario xeral de Medio Rural e Montes para que continúe o procedemento para a súa aprobación e execución das actuacións.

Na aplicación do artigo 18.2 desta orde e do presente procedemento, requirirase a documentación xustificativa aos seguintes solicitantes que, de acordo coa clasificación a que se refire o artigo 14.3 desta orde, completen de novo a dispoñibilidade orzamentaria, procedendo seguidamente do mesmo xeito que se establece no artigo 14.4 desta orde.

7. O subdirector xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución e, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elevaraa ao secretario xeral de Medio Rural e Montes con base nas funcións delegadas pola conselleira do Medio Rural e do Mar.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

No caso de non recaer resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da mesma lei.

9. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresará, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

10. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 15. Inspección previas

Dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de aprobación.

Artigo 16. Execución e certificación dos traballos

1. Na resolución de concesión indicarse o prazo para a execución dos traballos que, con carácter xeral, non será inferior a 2 meses. A data límite de xustificación da subvención será o 15 de novembro para a anualidade do 2014 e 31 de maio na anualidade de 2015.

2. En cumprimento do disposto no artigo 29, punto 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dentro do prazo dun mes da concesión, cando o importe do investimento sexa igual ou supere os 50.000 euros, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable. Esta documentación entregarase nos servizos de montes provinciais no prazo dun mes contado desde o día seguinte á recepción da notificación de concesión da axuda.

3. Para os efectos do disposto no artigo 29, punto 2, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que en ningún caso o custo de execución dos traballos subvencionados poida ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar.

4. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada, conforme o previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conforme o que establece o artigo 3.13 do Real decreto 1582/2009, do 4 de decembro, sobre criterios para subvencionar os custos no marco dos PDR cofinanciados polo Feader, no relativo a subcontratar o obxecto da actividade, non serán subvencionables os custos relativos aos subcontratos que aumenten o valor da operación sen achegar un valor engadido, nin os realizados con intermediarios ou asesores nos cales o pagamento consista nunha porcentaxe do custo total da operación, a non ser que o beneficiario xustifique ese pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

Os contratistas quedarán obrigados só fronte ao beneficiario, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade fronte á Consellería do Medio Rural e do Mar.

5. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas, sempre que se acade o mínimo de actuación esixible para obter a axuda.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 3 % o importe da comprobación final realizada polos dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, reducirase a maiores a axuda a percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe xustificado.

7. Poderán admitirse certificacións parciais, por petición por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 €.

8. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación ao remate do prazo para a execución dos traballos. Os servizos provinciais de montes propoñeranas ao subdirector xeral de Recursos Forestais, quen elevará a proposta ao secretario xeral de Medio Rural e Montes para a súa aprobación con base nas funcións delegadas pola conselleira do Medio Rural e do Mar para resolver. A duración máxima das prórrogas será de 6 meses, sen exceder o que establece o artigo 45 do Decreto 11/2009.

Artigo 17. Xustificación dos traballos subvencionables

1. Xunto coa notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes datos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das comunidades de montes veciñais en man común, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos proindivisos, dos de montes de varas, abertais, de voces, voceiros, de fabeo, das comunidades de bens, das entidades locais, e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.

– Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo VIII.

– Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.

c) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital DXF ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados.

d) As facturas en orixinal, que se marcarán cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención reflectindo, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención. Unha vez seladas, devolveranse ao beneficiario.

e) De ser o caso, documentación da planta empregada, do pasaporte fitosanitario, etiquetas e documentos do provedor, consonte os modelos especificados nos anexos do Real decreto 289/2003, e dos requisitos de calidade exterior exixidos no artigo vixésimo oitavo do Decreto 220/2007.

f) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de superficie inferior a 10 hectáreas, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

g) Só no caso de montes veciñais en man común, certificado expreso que xustifique o cumprimento do establecido no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre as cotas mínimas de reinvestimento en melloras do monte de todos os ingresos xerados nos montes veciñais en man común.

Artigo 18. Revogacións

1. A axuda poderá revogarse, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

En xeral:

a) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos dos sinalados na solicitude.

b) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impedirían.

c) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2006.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e a regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade outorgadas por calquera administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

h) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta orde, na Lei 9/2007, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención

E, en particular:

j) Execución de menos do 80 % das accións previstas sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

k) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

l) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

m) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que, conforme o disposto no artigo 2 do Regulamento 937/2012, se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación e a data de reembolso ou dedución, sen que poida fixarse en máis de 60 días, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo devandito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

2. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida.

3. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

Artigo 19. Controis

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas, co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e as instancias de control comunitarias.

3. Será de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (CE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005 do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería do Medio Rural e do Mar, ao abeiro do establecido no Regulamento (CE) nº 65/2011, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente, ao menos, o 4 % do gasto público cada ano civil e, ao menos, o 5 % do gasto público subvencionable en todo o período de programación, así como a posibilidade, se for o caso de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. As reducións e exclusión aplicaranse conforme establece o artigo 30 do Regulamento (CE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, de xeito que, se o importe que pode concederse ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pago supera o importe establecido tras o estudo da admisibilidad da solicitude en máis dun 3 %, aplicarase unha redución ao importe establecido tras o estudo da admisibilidade. O importe da redución será igual á diferenza entre os dous importes.

Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

Artigo 20. Financiamento

As accións previstas na presente orde financiaranse, no exercicio do ano 2014 e 2015, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

• Ano 2014: 2.000.000,00 € na aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.0.

• Ano 2015: 3.000.000,00 € na aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.0.

Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de procederse á dita ampliación, terase en conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 12,13 % e da Xunta de Galicia do 12,87 %.

Artigo 21. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 23. Obrigas

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, segundo se establece no artigo 75.1 c) i) do Regulamento (CE) 1698/2005.

2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou a adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicalo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo, de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.

5. O titular comprométese a conservar a masa conforme as condicións de aprobación durante cinco anos e, no caso de tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapa, o compromiso de mantemento e conservación da masa é ata que acade un mínimo de 25 anos, contados a partir da data da comprobación final dos investimentos.

Artigo 24. Avaliación de impacto ambiental

O solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en concreto na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, se for de aplicación, e, na súa falta, o Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos.

Artigo 25. Medidas informativas e publicitarias

Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento(CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 euros, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa na cal figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural».

Artigo 26. Comprobacións

1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación do Regulamento (CE) nº 65/2011.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

3. A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, como órgano xestor, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda, comprobará que os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. No caso de concesión da axuda, esta comprobación tamén se levará a cabo antes de cada pagamento.

Artigo 27. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral de Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante Secretaría Xeral de Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural e do Mar, Secretaría Xeral Técnica, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es

Artigo 28. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas na mesma superficie para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e a publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar as instrucións ou actos de aplicación que considere oportuna para executar esta orde.

Disposición derradeira segunda

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

PROCEDEMENTO

FOMENTO DA SILVICULTURA EN BOSQUES NO MEDIO RURAL

Regulamento (CE) nº 1698/2005

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

MR605A

DOCUMENTO

CADRO IMPORTES SUBVENCIONABLES POR HECTÁREA

Actuación

Investimento total

Importe subvencionable

Importe a xustificar

(sen IVE)

Traballos silvícolas en zonas desfavorecidas

Resto dos casos

1.1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha

1.031,41

618,85

515,71

1031,41 + IVE

1.2. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa.

682,68

409,61

341,34

682,68 + IVE

1.3. Tope €/ha proxecto en rareos coníferas

47,85

28,71

23,93

47,85 + IVE

2.1. Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas

515,16

309,10

257,58

515,16 + IVE

2.2. Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 3 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm, altura media de 4 a 7 m e cunha densidade final máxima de 1.200 pés/ha

605,70

363,42

302,85

605,70 + IVE

2.3. Podas altas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 4 m e máxima de 6 m cunha densidade final máxima de 750 pés/ha

777,40

466,44

388,70

777,40 + IVE

2.4. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa.

682,68

409,61

341,34

682,68 + IVE

2.5. Tope €/ha proxecto en podas coníferas

47,85

28,71

23,93

47,85 + IVE

3.1. Rozas

696,73

418,04

348,37

696,73 + IVE

3.2. Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e a poda ata 1/3 da altura como mínimo.

508,40

305,04

254,20

508,40 + IVE

3.3. Selección abrochos

694,87

416,92

347,44

694,87 + IVE

3.4. Rareos

837,09

502,25

418,55

837,09 + IVE

3.5 Tope €/ha proxecto en frondosas

47,85

28,71

23,93

47,85 + IVE

4.1. Rozas

696,73

418,04

348,37

696,73 + IVE

4.2. Podas con funxicida

661,40

396,84

330,70

661,40 + IVE

4.3. Tratamento fitosanitario

131,87

79,12

65,94

131,87 + IVE

4.4. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta

194,77

116,86

97,39

194,77 + IVE

4.5. Tope €/ha proxecto en castiñeiros

47,85

28,71

23,93

47,85 + IVE

5.1. Poda en plantacións de eucalipto, cunha altura media de 8 metros e unha densidade máxima de 1.200 pés/ha

792,24

475,34

396,12

792,24 + IVE

5.2. Clara en plantación de eucalipto de todos os pés non podados no número 5.1 e extracción ou eliminación de restos en plantacións de eucalipto

627,82

376,69

313,91

627,82 + IVE

5.3. Selección de abrochos de eucalipto e extracción ou eliminación de restos

694,87

416,92

347,44

694,87 + IVE

5.4. Poda de abrochos de eucalipto, ao ano seguinte ao de realizar unha selección de abrochos

792,24

475,34

396,12

792,24 + IVE

5.5. Tope €/ha proxecto en tratamentos silvícolas en masas eucalipto

47,85

28,71

23,93

47,85 + IVE

0. Cartel identificativo

255,00

153,00

127,50

255,00 + IVE

missing image file
missing image file
missing image file