Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43190

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional de varias especialidades.

Primeiro.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para os seguintes corpos e especialidades:

Corpo de profesores de ensino secundario.

Especialidade

Titulación exixida

Informática (590107)

– Licenciado/a en:

• Informática

• Ciencias e Técnicas Estatísticas

– Enxeñaría:

• Informática

• Telecomunicacións

• Electrónica

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior)

– Diplomado/a en:

• Estatística

– Enxeñaría técnica:

• Informática de Xestión

• Informática de Sistemas

• Telecomunicación, especialidade Telemática

Organización e procedementos de mantemento de vehículos (590111)

– Licenciado/a en:

• Máquinas Navais

• Náutica e Transporte Marítimo

• Radioelectrónica Naval

– Enxeñaría en:

• Aeronáutica

• Industrial

• Electrónica

• Naval e Oceánica

• Minas

• Materiais

• Automática e Electricidade

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

–Diplomado/a en:

• Máquinas Navais

• Navegación Marítima

• Radioelectrónica Naval

– Enxeñaría técnica:

• Aeronáutica

• Agrícola

• Forestal

• Minas

• Naval

• Obras Públicas

• Industrial

Organización e proxectos de fabricación mecánica (590112)

–Licenciado/a en:

• Máquinas Navais

–Enxeñaría:

• Aeronáutica

• Industrial

• Organización Industrial

• De Materiais

• Naval e Oceánica

• Minas

• Materiais

• Automática e Electrónica Industrial

–Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior)

–Diplomado/a en:

• Máquinas Navais

–Enxeñaría Técnica:

• Aeronáutica, especialidade en Aeronaves, especialidade en Equipamentos e Materiais Aeroespaciais

• Agrícola, especialidade de Explotacións Agropecuarias, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias e especialidade en Construcións Rurais

• Minas

• Industrial

• Naval

• Deseño industrial

• Obras Públicas, especialidade Construcións Civís

Procesos e produtos de téxtil, confección e pel (590120)

– Licenciado/a en:

• Química

–Enxeñaría:

• Química

• Industrial, especialidade Téxtil

• Téxtil.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior)

– Enxeñaría técnica industrial, especialidade Téxtil

Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Especialidade

Titulación

Sistemas e aplicacións informáticas (591227)

–Licenciado/a en Informática

–Enxeñaría:

• Informática

• Telecomunicacións

–Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior)

–Diplomado en informática

–Enxeñaría técnica:

• Informática de Xestión

• Informática de Sistemas

• Telecomunicacións, Telemática e Telecomunicacións

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Especialidades:

Especialidade

Titulacións por orde preferente*

Formación complementaria

Chinés (592004)

1. Licenciatura ou grao en:

• Filoloxía Chinesa

• Lingua e Literatura Chinesas

• Lingüística Chinesa

• Estudos de Asia Oriental (itinerario China)

• Tradución e Interpretación (chinés lingua B ou C)

As titulacións homólogas ás mencionadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).

2. Calquera titulación universitaria superior da área de Humanidades.

Certificado de aptitude ou certificado de nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma chinés.

3. Calquera titulación universitaria superior.

Ter cursado un ciclo dos estudos conducentes á obtención das titulacións especificadas no número 1, xunto co certificado de aptitude ou o certificado de nivel avanzado nas ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma chinés.

* Aínda que o baremo sexa inferior, as persoas que posúan as titulacións especificadas no punto 1 terán preferencia sobre as persoas con titulacións dos puntos 2 e 3; así mesmo, as persoas con titulacións do punto 2 e baremo inferior ás do punto 3 terán preferencia sobre elas.

Segundo.

Para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores técnicos de formación profesional:

1. Ademais do requisito de titulación, deberá acreditarse a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e, polo tanto, estar en posesión do correspondente título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos de verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

2. Non será necesaria a posesión do citado título oficial de máster antes mencionado para o/a solicitante que acredite estar en posesión, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, dalgún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica, do certificado de cualificación pedagóxica ou do certificado de aptitude pedagóxica.

b) Estar en posesión dun título universitario oficial que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a ou dun título de licenciado/a en Pedagoxía ou Psicopedagoxía, así como calquera outro título de licenciado/a ou outra titulación declarada equivalente que inclúa formación pedagóxica e didáctica.

c) Ter impartido docencia durante un mínimo de 12 meses en centros públicos ou privados de ensino regrado, debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro. Esta experiencia docente acreditarase mediante certificación da dirección do centro, co visto e prace da Inspección educativa.

3. Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Terceiro. Prazo de solicitude

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Modelo de solicitude

O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (Profesorado-Xestión de profesorado).

Quinto. Comisión baremadora

A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes levaraa a cabo unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial Docente non Universitaria.

Sexto. Requisitos dos candidatos e candidatas

a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.

b) Para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores técnicos de formación profesional, estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica que se sinala no punto segundo deste anuncio.

c) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Sétimo.

Os candidatos seleccionados terán un número de orde posterior ao do persoal interino/substituto da mesma especialidade que foi seleccionado en convocatorias anteriores.

Oitavo.

O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da Mesa Sectorial Docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 31 de xullo de 2013, Diario Oficial de Galicia do 12 de agosto), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos