Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de setembro de 2014 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Cordelería El Rial, S.L. (Concello de Vilagarcía de Arousa) (clave DH.D36.45130).

Con data do 5 de agosto de 2014 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Cordelería El Rial, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución a interesada, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia