Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 18 de setembro de 2014, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se notifica proposta de resolución en relación coa taxa pola utilización privativa, ocupación e aproveitamento especial do dominio público viario porque tentadas as notificacións do trámite ao seu destinatario, non se puideron practicar (expediente MT206B 2011/18-1 e MT205Z 2011/14-1).

O Servizo de Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña tramita as notificacións á empresa que se indica no anexo de propostas de resolución da taxa pola utilización privativa, ocupación e aproveitamento especial do dominio público viario.

Intentada a notificación persoal da proposta de resolución da empresa que se indica no anexo, non se puido practicar, de maneira que, segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase para ser notificada do trámite devandito.

Pode examinar o expediente mediante comparecencia que deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, no Edificio Administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º, A Coruña.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de quince días para formular, se é o caso, alegacións, continuarase coa tramitación ata que se dite a correspondente resolución.

A Coruña, 18 de setembro de 2014

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña

ANEXO

Expediente/notificación: MT206B 2011/18-1 e MT205Z 2011/14-1.

Persoa interesada: Ofir Inversiones, S.L.

Último enderezo coñecido: Oliveira, 116-C, O Milladoiro, 15895 Ames (A Coruña).

Materia da notificación: taxa pola utilización privativa, ocupación e aproveitamento especial do dominio público viario.

Provincia: A Coruña.