Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44421

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2014 que se incorpora como anexo a este resolución.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio
no segundo cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Aportación económica do IET

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fundación Galicia Sustentable para a realización de actividades que potencien a difusión e divulgación e a participación social na paisaxe.

60.000 €

(IVE incluido)

27.5.2014

Convenio de colaboración e cooperación entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) para a coordinación e intercambio en materia de información xeográfica e territorial.

Sen achega económica

7.7.2014

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) para o Desenvolvemento dun Programa de Educación para a Sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Sen achega económica

16.7.2014