Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44440

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6018/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 6018/2012 desta sección, seguidos por instancia de Rosendo Salazar Montoya fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e ás empresas Izar Construcciones Navales, S.A., Astano SID, Victory SID, empresa Manuel Bugallo, empresa E. González e empresa M. Seoane, sobre xubilación, se ditou resolución con data do 19 de setembro de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Manuel Chao do Barro, actuando en nome e representación de Rosendo Salazar Montoya contra a sentenza de data vinte e sete de xuño de dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en autos 410/2011 sobre pensión de xubilación promovidos polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e contra as empresas Victory SID, empresa Manuel Bugallo, empresa E. González, empresa M. Seoane, Astano SID e Izar Construcciones Navales, S.A. confirmamos integramente esta en todos os pronunciamentos que contén.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Astano SID, Victory SID, empresa Manuel Bugallo, empresa E. González e empresa M. Seoane, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2014

A secretaria xudicial