Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44438

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2775/2012-RMR).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2775/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 583/2011 Xulgado do Social número 4 de Ourense.

Recorrente: José Feijoo Novoa.

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Margraex Combarros, S.L.

Avogado: Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial), Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial), Guillermo Amigo Estrada.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2775/2012 seguido por instancia de José Feijoo Novoa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap e Margraex Combarros, S.L. sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, en nome e representación de José Feijoo Novoa, contra a sentenza do vinte e nove de febreiro de dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en autos seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap e a empresa Margraex Combarros, S.L., sobre revisión de invalidez derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social e, unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións da taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Variografic, S.L. con último domicilio coñecido na praza de Compostela, 6-2º Vigo, advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial