Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44557

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 9 de outubro de 2014 pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas a esta consellería.

Esta consellería, en diversas ordes do ano 2007, regulou os procesos de integración previstos no Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade, e iniciou un primeiro procedemento para que o persoal laboral fixo optase por ela.

A disposición adicional décimo primeira do decreto autoriza a Consellería para realizar ata un máximo de tres ofertas de integración.

Na mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde tratáronse as medidas de integración de persoal funcionario que procede adoptar en execución da nova disposición adicional décimo sexta da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco, engadida polo artigo 10.4 do Real decreto lei 16/2012, do 20 de abril. Con ocasión desa análise acordouse realizar, entre outras, unha nova oferta de integración no réxime estatutario dirixida ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do citado Decreto 91/2007.

En virtude do anterior, de conformidade coas atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde dítase en execución do Decreto 91/2007, do 26 de abril, e ten por obxecto abrir un novo prazo para a integración voluntaria no réxime estatutario do persoal laboral fixo que, estando incluído no ámbito de aplicación das seguintes ordes, non resultou integrado no réxime estatutario:

a) Orde do 14 de agosto de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Hospital de Verín (DOG do 24 de agosto).

b) Orde do 14 de agosto de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Hospital da Barbanza (DOG do 24 de agosto).

c) Orde do 20 de setembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (DOG do 10 de outubro).

d) Orde do 20 de setembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (DOG do 10 de outubro).

e) Orde do 20 de setembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal do Instituto Galego de Medicina Técnica (DOG do 10 de outubro). Tras o Decreto 209/2008, do 28 de agosto, as referencias á dita entidade enténdense realizadas a Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

f) Orde do 8 de novembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (DOG do 29 de novembro).

Artigo 2. Requisitos e procedemento

1. No presente procedemento de integración aplicaranse os requisitos, procedemento e demais regulación contida nas ordes citadas no artigo 1, xuntamente coas táboas de homologación incluídas como anexo da presente orde.

2. Como excepción, os prazos de solicitude, resolución e efectos da integración serán os determinados no artigo 3.

Artigo 3. Prazos

1. As solicitudes de integración presentaranse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; poderán ser presentadas en calquera das formas establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes de integración serán resoltas polo citado centro directivo no prazo dos tres meses seguintes á finalización do prazo de presentación. De non ter recaído resolución expresa neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

A integración no réxime estatutario terá efectos do día 1 do mes seguinte a aquel en que se dite a resolución estimatoria.

2. Polo que atinxe especificamente ao persoal incluído no réxime transitorio da Orde do 20 de setembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, que participe no proceso selectivo previsto, pola quenda de promoción interna, e non o supere, poderá exercer a súa opción de integración referida á praza en que teña a condición de persoal laboral fixo, no prazo posesorio establecido na convocatoria; serán de aplicación os prazos de resolución e efectos da resolución estimatoria da integración contidos no número 1 deste artigo.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Hospital de Verín

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Médico/a especialista /a (G-1-10)

Facultativo/a especialista de área

Médico/a especialista /a urxencias (G-1-28)

Médico/a de urxencias hospitalarias

Enfermeiro/a (G-4-04)

Enfermeiro/a

Auxiliar de enfermaría (G-8-01)

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Técnico/a superior (G-3-02)

Grupo técnico da función administrativa

Técnico/a de grao medio (G-5-02)

Grupo de xestión da función administrativa

Auxiliar administrativo/a (G-9-08)

Grupo auxiliar da función administrativa

Administrativo/a (G-7-04)

Grupo administrativo da función administrativa

Hospital da Barbanza

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

DUE (G-4-02)

Enfermeiro/a

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Médico/a xeral

Médico/a xeral do CTG

ATS

Enfermeiro/a

Técnico/a especialista de laboratorio

Técnico/a superior en laboratorio de diagnose clínica

Auxiliar de clínica

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de laboratorio

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Axudante/a de laboratorio

Técnico/a superior en laboratorio de diagnose clínica

Responsable promoción

Persoal técnico superior

Técnico/a superior de xestión

Grupo técnico da función administrativa

Técnico/a de informática

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

Auxiliar administrativo/a

Grupo auxiliar da función administrativa

Condutor/a-celador/a

Condutor/a

Técnico/a especialista en rama química

Técnico/a especialista non sanitario

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Técnico/a de xestión (titulado/a superior) (G-3-09)

Grupo técnico da función administrativa

Persoal técnico superior

Técnico/a superior en sistemas e tecnoloxías da información

Técnico/a medio/a (G-5-01)

Técnico/a xestión en sistemas e tecnoloxías da información

Técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información

Oficial/a administrativo/a (G-7-04)

Grupo administrativo da función administrativa

Técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información

Grupo auxiliar da función administrativa

Oficial/a administrativo/a responsable área (G-7-08)

Grupo administrativo da función administrativa

Oficial/a administrativo/a responsable (G-7-09)

Grupo administrativo da función administrativa

Auxiliar administrativo/a (G-9-08)

Grupo auxiliar da función administrativa

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Facultativo/a director/a técnico/a (G-1-33)

Facultativo/a especialista de área

Titulado/a superior non sanitario/a xefe/a de servizo (G-3-16)

Grupo técnico da función administrativa

Técnico/a superior de tecnoloxías e sistemas de información

Titulado/a superior non sanitario/a xefe/a de sección (G-3-14)

Grupo técnico da función administrativa

Titulado/a superior non sanitario/a (G-3-04)

Grupo técnico da función administrativa

Titulado/a medio non sanitario/a xefe/a de sección (G-5-06)

Grupo de xestión da función administrativa

Técnico/a especialista sanitario (G-6-03)

Técnico/a superior en radioterapia

Técnico/a especialista superior non sanitario/a

(G-7-06)

Técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información

Grupo administrativo da función administrativa

Técnico/a especialista superior non sanitario/a coordinador/a (G-7-07)

Grupo administrativo da función administrativa

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Administrativo/a (G-7-04)

Grupo administrativo da función administrativa