Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44542

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 8 de outubro de 2014 pola que se convoca o quinto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Como consecuencia da asunción por parte da Administración autonómica galega da asistencia sanitaria dos centros transferidos doutras administracións que pasaron a integrarse na rede sanitaria propia do Servizo Galego de Saúde, nas súas institucións sanitarias convive o persoal estatutario, xunto co funcionario e o laboral. A diferente regulación de cada un destes colectivos deu lugar a dificultades na xestión e na organización do traballo que conduciron a impulsar a necesaria integración dese persoal no réxime estatutario, na procura da pacífica convivencia conxugada coa organización do traballo.

O Decreto 447/1996, do 26 de decembro (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro), regula as bases para a homologación e integración no réxime estatutario do persoal funcionario e laboral dos centros transferidos e faculta a Consellería de Sanidade para adoptar as medidas de desenvolvemento e execución necesarias. Neste sentido, efectuáronse catro convocatorias de integración nas cales, voluntariamente, participaron os/as profesionais interesados/as
e os/as demais optaron por permanecer no réxime xurídico orixinario.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle no seu artigo 112 o mandato de promover a integración directa e voluntaria, do persoal con outros vínculos, na condición de persoal estatutario.

Recentemente, a normativa estatal, coas modificacións realizadas no Estatuto marco polo artigo 10 do Real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema nacional de saúde e mellorar a calidade e a seguridade das súas prestacións, impulsa a extinción nas institucións sanitarias das relacións de emprego funcionariais, e con esa finalidade insta as comunidades autónomas para que establezan os oportunos procedementos de integración no réxime do persoal estatutario.

Tendo en conta o anterior, mediante a presente orde procederase á apertura do prazo de opción de integración no réxime estatutario en idénticas condicións ás anteriores ofertas realizadas.

As disposicións contidas nesta norma foron obxecto de negociación na Mesa sectorial de persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Na súa virtude, de acordo co anterior e para a súa efectividade, e en uso das facultades que me foron concedidas polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

A presente orde ten por obxecto regular o procedemento e as condicións para a integración con carácter voluntario na condición de persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde do persoal comprendido no ámbito de aplicación definido no artigo 2.1.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. Poderá solicitar a súa integración no réxime estatutario, nos termos e condicións que se establecen nesta orde, o persoal funcionario de carreira e o persoal laboral fixo dos centros de atención especializada do Servizo Galego de Saúde (relacionados no anexo I) a que se refire o artigo 1 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro, sempre que reúna os requisitos de titulación exixidos pola lexislación vixente e que, no momento da entrada en vigor desta orde, se encontre nalgunha das seguintes situacións administrativas:

a) En servizo activo.

b) En situación que implique a suspensión na relación de servizos laboral ou funcionarial, con reserva de posto de traballo, por algunha das causas establecidas na lexislación vixente, así como en situación de servizos especiais, no caso de persoal funcionario.

c) En situación de excedencia voluntaria ou en situación de suspensión do contrato de traballo, sempre que se mantivese o dereito a solicitar o reingreso ou reincorporación á institución e non transcorrese o tempo máximo de permanencia nesa situación previsto legalmente para cada caso. Neste suposto, a integración efectuarase na situación de excedencia voluntaria ou de suspensión do contrato de traballo e a posterior situación de servizo activo obterase de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 145, do 29 de xullo). A opción de integración poderá formularse no momento de solicitar o reingreso ou no prazo previsto nesta norma para o exercicio da opción.

2. Non poderá exercer o dereito de opción o persoal con vínculo temporal, de carácter funcionarial ou laboral, calquera que sexan as características de tal vínculo.

3. As solicitudes de integración do persoal que non cumpra os ditos requisitos serán desestimadas.

Artigo 3. Categorías homologables

1. O persoal que exerza o dereito de opción integrarase nas categorías básicas do réxime estatutario que corresponda, segundo as características da praza orixinaria (laboral ou funcionarial) e estatutaria de referencia.

Para tal efecto, será de aplicación a táboa de homologacións que figura no anexo I desta orde, na cal se relacionan as categorías funcionariais e laborais susceptibles de integracións e as correlativas estatutarias.

2. Porén, expedirase, no momento en que se resolva a solicitude de homologación e integración, un nomeamento adicional ao persoal que desempeñe postos de traballo de xefatura adquiridos en virtude dun concurso ou libre designación, no posto equivalente de carácter estatutario. Este nomeamento poderá ser definitivo, se o orixinario tiña tal condición por ser obtido mediante concurso ou concurso-oposición, ou ben provisional, se aquel foi expedido en virtude do sistema de libre designación.

Artigo 4. Exercicio do dereito de opción

1. Prazos.

Sen prexuízo do establecido no inciso final do punto 1 do artigo 2, o exercicio da opción de integración deberá realizarse con carácter individual, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da entrada en vigor desta orde, segundo o modelo de instancia que se xunta como anexo II.

Os que non formulen opción expresa de integración, entenderase que optan por non integrarse no réxime estatutario, coas consecuencias que se establecen no artigo 7.

2. Procedemento.

As solicitudes, debidamente dilixenciadas pola dirección do centro, dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e poderán ser presentadas nas oficinas de rexistro dos respectivos centros ou por calquera das formas establecidas na Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Documentación.

O persoal que efectúe a opción de integración presentará, xunto coa súa solicitude, copia compulsada da seguinte documentación:

a) Titulación académica ou, de ser o caso, o libro de escolaridade.

b) No caso do persoal médico, título de especialista que posúa e/ou que o habilite para exercer a praza que vén desempeñando.

c) Certificado oficial acreditativo do centro onde presta servizos, indicativo da categoría profesional, natureza funcionarial ou laboral do vínculo, situación administrativa en que se atopa, así como do seu carácter de fixeza.

Artigo 5. Resolución

1. As solicitudes serán resoltas pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo máximo de tres meses desde que remate a presentación de instancias para formular a opción de integración. De non ter recaído resolución expresa neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

2. A resolución pronunciarase sobre a estimación, desestimación ou inadmisión das solicitudes. Aquelas resolucións polas que se desestime ou inadmita unha solicitude serán debidamente motivadas.

3. As resolucións estimatorias conterán, así mesmo, o pronunciamento sobre a categoría básica en que resulta integrado/a o/a interesado/a, de conformidade co disposto no anexo I, así como a data dos efectos da integración.

4. As resolucións expresarán os recursos que contra elas procedan, órgano ante o cal se deberán presentar e prazo para a súa interposición.

5. O anteriormente exposto enténdese sen prexuízo do disposto no número 1.c) do artigo 2 desta orde.

Artigo 6. Efectos da integración

1. Unha vez emitida a resolución de integración, a correspondente xerencia de xestión integrada expedirá o nomeamento estatutario en que se detallará a categoría e o destino do/da profesional, co carácter definitivo ou provisional, segundo corresponda.

2. Ao persoal que resulte integrado aplicaráselle, para todos os efectos, o réxime económico e xurídico propio da categoría estatutaria en que se integre, e a súa prestación de servizos adecuarase á estrutura asistencial das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

3. Ao persoal integrado no réxime estatutario respectaráselle, para todos os efectos, a antigüidade que teña no momento da entrada en vigor da presente orde, aínda que os trienios que se lle recoñezan con posterioridade á data en que teña efectividade a integración serán de acordo co previsto na disposición segunda.2 do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, e normativa de concordante aplicación.

4. O persoal funcionario e o persoal laboral que se integre no réxime estatutario será declarado na situación de servizos noutras administracións públicas ou excedencia voluntaria por incompatibilidade, segundo o caso, no seu corpo, escala e/ou categoría de orixe.

Artigo 7. Efectos da non integración

1. Ao persoal que non exerza a opción de integración no réxime estatutario, respectaráselle o réxime económico e xurídico que derive da súa situación de orixe, tanto funcionarial como laboral de remisión, coa dependencia orgánica e funcional do Servizo Galego de Saúde, de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro.

2. As lagoas que se produzan na regulación dos colectivos funcionarial e laboral afectados, resolveranse aplicando por analoxía a normativa da categoría estatutaria equiparable.

3. A prestación de servizos deste persoal non integrado adaptarase ás características de funcionamento das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, de forma que se integrará e adaptará na estrutura e organización de traballo dos centros sanitarios, debidamente cohonestado co resto do persoal destes.

4. De conformidade co número 2 da disposición adicional décimo sexta da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco, na redacción dada polo artigo 10.4 do Real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, a adscrición a órganos administrativos que non pertenzan ás institucións sanitarias do persoal funcionario sanitario que non se integre no réxime estatutario, poderá realizarse conforme os procesos de mobilidade que poidan articularse para tal fin, cando existan vacantes do mesmo corpo ou escala –ou, de ser o caso, grupo de titulación– noutras unidades administrativas.

No momento en que se formalicen os mencionados procesos de mobilidade, o persoal funcionario sanitario poderá manifestar asemade a súa opción de integrarse no réxime estatutario, de acordo co réxime que establece a presente orde e no prazo que determine a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Artigo 8. Complemento persoal transitorio

1. Ao persoal que, tendo efectuada a opción de integración, percibise con anterioridade retribucións superiores ás correspondentes á categoría de integración, recoñeceráselle un complemento persoal, transitorio e absorbible consistente na diferenza de retribucións.

De conformidade coa normativa orzamentaria, o citado complemento será absorbido por calquera mellora retributiva que se produza neste exercicio ou posteriores, incluídas as derivadas de cambio de posto de traballo ou categoría. No caso de que o cambio de posto de traballo ou categoría determine unha diminución das retribucións, manterase o complemento persoal e transitorio inicialmente fixado no momento da integración, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar de novo cambio de posto de traballo ou categoría.

2. Para o cálculo do complemento persoal e transitorio, non se terán en conta as cantidades percibidas en concepto de atención continuada, complemento de nocturnidade, complemento de perigosidade, penosidade ou toxicidade, e realización de horas extraordinarias, así como calquera outro equiparable, nin as cantidades que en concepto de antigüidade teñan recoñecidas, ata a data en que remate o prazo de presentación das instancias para o exercicio da opción de integración.

3. Non se procederá a recoñecer ningún complemento persoal transitorio ao persoal do Hospital Santa María Nai de Ourense que por aplicación do acordo entre a Administración sanitaria e a representación dos traballadores e traballadoras, publicado por Resolución conxunta do 29 de xullo de 1994, xa lle foron recoñecidos complementos persoais transitorios para a súa equiparación ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Tampouco se recoñecerá o dito complemento ao persoal que en virtude do mesmo acordo pasou, despois de terse adoptado este, a prestar servizos no mesmo centro coas mesmas condicións retributivas que o persoal estatutario.

Disposición adicional primeira

De acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 pola que se introduce a categoría profesional de auxiliar de enfermaría en substitución da de auxiliar de clínica no correspondente Estatuto de persoal da Seguridade Social (BOE núm. 10, do 12 de xaneiro de 1987); e na disposición adicional segunda do Decreto 447/1996, ao persoal que opte á integración na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría non lle será exixido o título de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria, para integrarse na devandita categoría, sempre que no momento da súa entrada en vigor estea prestando servizos en prazas desa categoría que resulten debidamente acreditados. Para tal fin o centro hospitalario expedirá certificación de servizos prestados.

Disposición adicional segunda

Os postos de traballo de orixe do persoal que opte pola súa integración no réxime estatutario consideraranse amortizados e reconvertidos nos correspondentes estatutarios que, para cada caso, determina a táboa de homologacións que se inclúe no anexo I desta orde.

As prazas desempeñadas por persoal laboral ou funcionario que non se integre no réxime estatutario e que non estean afectadas polas situacións previstas no artigo 2.1.c) desta orde, declararanse a extinguir. Logo de que queden vacantes, producirase a súa amortización e, se é o caso, a súa transformación en prazas de réxime estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Os postos de traballo vacantes ocupados polo persoal referido no artigo 2.2 desta norma consideraranse amortizados e reconvertidos en prazas de persoal estatutario, polo que o persoal que os ocupa cesará no seu desempeño. No entanto, con efectos do día seguinte ao do cesamento, expediráselle o nomeamento que corresponda para ocupar a equivalente praza de persoal estatutario, co mesmo carácter temporal.

Disposición adicional terceira

O complemento PRD por traballo a quendas do persoal sanitario non facultativo e do persoal de xestión e servizos, integrado no complemento específico ou concepto adecuado, incluirase entre as retribucións correspondentes á categoría de homologación para os efectos da determinación do complemento persoal e transitorio a que fai referencia o artigo 8 desta disposición.

A consideración deste complemento no cálculo do complemento persoal e transitorio practicarase sobre a asignación da contía que corresponda segundo a configuración que daquel se fai na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, e logo do acordo da mesa sectorial sobre os criterios para a súa aplicación.

No suposto de producirse con posterioridade á integración unha alteración no réxime de prestación de servizos do posto de traballo que determina a variación estable do réxime de traballo a quendas tomado en consideración na configuración do complemento específico ou concepto adecuado para o cálculo do complemento persoal e transitorio, procederase á revisión do devandito complemento para reflectir nel a dita alteración que pase a resultarlle de aplicación.

Disposición adicional cuarta

No que respecta ao persoal das categorías en que a integración, segundo consta no anexo I, poida efectuarse en varias categorías estatutarias, a dita integración realizarase segundo sexan as funcións que veñan realizando de xeito estable e regular na organización do traballo do centro e que resulten debidamente acreditadas mediante certificación expedida pola dirección deste.

En todo caso, será condición imprescindible reunir os requisitos de titulación exixidos pola lexislación vixente para cada categoría de integración, sen menoscabo do establecido na disposición adicional primeira desta orde.

Disposición adicional quinta. Persoal en expectativa de obter o título da especialidade

O persoal suxeito a réximes transitorios de obtención do título da especialidade, que na data de publicación da presente orde non estivese en posesión deste, e aquel persoal que posúa unha titulación respecto da cal, aínda non estivese desenvolvida a regulamentación das súas especialidades, homologarase á categoría estatutaria de persoal técnico titulado superior que corresponda, sen prexuízo da súa posterior integración como facultativo/a especialista de área no momento en que, consonte o réxime transitorio da normativa de desenvolvemento das especialidades respectivas, obteña a devandita titulación, e sempre que a dita normativa prevexa a integración á citada categoría.

A dita integración realizarase logo de solicitude do/a interesado/a, só e exclusivamente, desde a praza en que se produciu a homologación ao réxime xurídico de persoal estatutario de conformidade co disposto na presente orde.

Disposición transitoria única

O persoal licenciado sanitario que se integre no réxime estatutario fará no momento da integración a opción polo réxime de dedicación normal ou de dedicación exclusiva ao sector público sanitario coa conseguinte renuncia ou solicitude de percepción do complemento específico, segundo o previsto no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.

A mencionada opción resolverase, conxuntamente, coa solicitude de integración, no prazo establecido nesta norma.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Estrutura organizativa de Xestión Integrada da Coruña (código 1501)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Cociñeiro/a

Cociñeiro/a

Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol (código 1505)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Axudante/a de xestión e servizos comúns

Limpador/a

Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
(código 1571)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Xefe/a de servizo

Facultativo/a especialista de área

Médico/a especialista

Facultativo/a especialista de área

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

Auxiliar administrativo/a

Grupo auxiliar da función administrativa

Axudante/a sanitario/a

Celador/a

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

ATS

Enfermeiro/a

Supervisor/a xeral

Enfermeiro/a

Asistente/a social

Traballador/a social

Xefe/a de negociado

Grupo administrativo da función administrativa

Encargado/a de unidade

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Oficial/a administrativo

Grupo administrativo da función administrativa

Auxiliar psiquiátrico/a

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Garda porteiro/a

Celador/a

Costureiro/a

Costureiro/a

Perruqueiro/a

Perruqueiro/a

Auxiliar de cociña

Pinche

Axudante/a de lavandaría

Lavandeiro/a

Técnico/a administración xeral

Grupo técnico da función administrativa

Auxiliar de clínica

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Celador/a

Celador/a

Ordenanza

Celador/a

Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo,
Cervo e Monforte de Lemos (código 2701)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Xefe/a servizo de farmacia

Facultativo/a especialista de área

Médico/a psiquiatra

Facultativo/a especialista de área

Médico/a (1)

Médico/a de urxencias hospitalarias (1)

Facultativo/a xerarquizado/a medicina xeral (1)

ATS/DUE

Enfermeiro/a

Coord. aux. enferm

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Coord. laboratorio

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Coord. unid. terapias oc

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Aux. enferm.-udad. terapias

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de enfermaría

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Coidador/a (2)

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (2)

Celador/a (2)

Psicólogo/a

Psicólogo/a (persoal de xestión e servizos)

Cociñeiro/a (3)

Cociñeiro/a (3)

Pinche (3)

Coord. almacén e cociña

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Celador/a

Celador/a

Obreiro/a lav./lenz.

Pinche

Terapeuta

Monitor/a

Auxiliar asist. social

Grupo auxiliar da función administrativa

Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras (código 3201)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Supervisor/a de área funcional

Enfermeiro/a

ATS unidade de hospitalización

Enfermeiro/a

Auxiliar de enfermaría unidade de hospitalización

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Técnico/a especialista

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

Grupo técnico da función administrativa

Grupo técnico da función administrativa

Celador/a de atención directa ao enfermo

Celador/a

Celador/a sen atención directa ao enfermo

Costureiro/a

Costureiro/a

Fogueiro/a

Peón/peoa

Lavandeiro/a

Lavandeiro/a

Limpador/a

Limpador/a

Facultativo/a xerarquizado/a medicina xeral
con CE

Facultativo/a especialista de área

Cociñeiro/a

Cociñeiro/a

Operario/a

Celador/a

Pinche

Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra
e O Salnés (código 3603)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

ATS

Enfermeiro/a

Auxiliar de enfermaría

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar psiquiatría

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Técnico/a especialista

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Asistente/a social

Traballador/a social

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

Xefe/a de grupo

Grupo auxiliar da función administrativa

Auxiliar

Grupo auxiliar da función administrativa

Oficial/a cerimonial

Grupo auxiliar da función administrativa

Axudante/a sanitario

Celador/a

Axudante/a persoal-oficios

Cociñeiro/a

Cociñeiro/a

Oficial/a costureiro/a

Costureiro/a

Fontaneiro/a calefactor

Fontaneiro/a

Oficial/a

Lavandeiro/a

Oficial/a lavandeiro/a

Mecánico/a electricista

Electricista

Ordenanza-porteiro/a

Celador/a

Telefonista

Telefonista

Auxiliar administrativo/a

Grupo auxiliar da función administrativa

Axudante/a sanitario/a

Celador/a

Operario/a de servizos varios

Peón/peoa

Ordenanza

Celador/a

Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo
(código 3601)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Técnico/a auxiliar Nicolás Peña

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Auxiliar de enfermaría

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar especialista Nicolás Peña

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar Hospital Nicolás Peña

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Celador/a

ATS/DUE

Enfermeiro/a

Auxiliar de psiquiatría

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

Xefe/a de grupo

Grupo auxiliar da función administrativa

Auxiliar

Grupo auxiliar da función administrativa

Axudante/a persoal oficios

Pinche

Celador/a

Fontaneiro/a calefactor

Fontaneiro/a

Graduado/a social

Grupo de xestión da función administrativa

Oficial/a cafetaría

Gobernante/a

Encargado/a persoal de oficios

Gobernante/a

Xefe/a de unidade con dedicación plena

Enxeñeiro/a técnico/a

Telefonista

Telefonista

Asistente/a social

Traballador/a social

Xardineiro/a varredor/a

Xardineiro/a

Fontaneiro/a

Fontaneiro/a

Operario/a de persoal-oficios

Limpador/a

Celador/a

Pinche

Operario/a de servizos varios

Limpador/a

Celador/a

Pinche/a

(1) De conformidade coa disposición adicional cuarta da Orde do 21 de setembro de 2012 pola que se regula o proceso de integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal transferido en virtude do Decreto 216/2010, do 30 de decembro, de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións, servizos e medios persoais afectos á asistencia sanitaria prestada pola Deputación Provincial de Lugo.

(2) De conformidade coa disposición adicional quinta da Orde do 21 de setembro de 2012 pola que se regula o proceso de integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal transferido en virtude do Decreto 216/2010, do 30 de decembro, de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións, servizos e medios persoais afectos á asistencia sanitaria prestada pola Deputación Provincial de Lugo.

(3) De conformidade coa disposición adicional sexta da Orde do 21 de setembro de 2012 pola que se regula o proceso de integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal transferido en virtude do Decreto 216/2010, do 30 de decembro, de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións, servizos e medios persoais afectos á asistencia sanitaria prestada pola Deputación Provincial de Lugo.

missing image file