Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44527

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de setembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de xaneiro de 2014 ata o 15 de abril de 2015.

Advertido erro na Orde do 23 de setembro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 189, do 3 de outubro, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 43159, no artigo 15, número 3, onde di: «A contía correspondente aos pagamentos anticipados (50 % do orzamento total) librarase antes do 1 de novembro de 2014, após a aceptación da axuda por parte do beneficiario e dun certificado comprometéndose a realizar o gasto, polo importe concedido, en adquisición de fondos bibliográficos con destino a biblioteca ou grupo de bibliotecas ou axencias de lectura de que é titular».

Debe dicir: «A contía correspondente aos pagamentos anticipados (50 % do orzamento total) librarase antes do 1 de decembro de 2014, após a aceptación da axuda por parte do beneficiario e dun certificado comprometéndose a realizar o gasto, polo importe concedido, en adquisición de fondos bibliográficos con destino a biblioteca ou grupo de bibliotecas ou axencias de lectura de que é titular».