De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 26 de setembro de 2014
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: ANI-CO-0022/2014-V.
Denunciado: Santiago Barreiro Palacios.
Acto de notificación: acordo de iniciación.