Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Vicedo (expediente IN407A 2014/23-2, 8159 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma e adecuación de instalación para conexión do Parque Eólico Faro.

Situación: concello do Vicedo.

Características técnicas:

– Desmontaxe do actual CS Folgueiro (2467), e reutilización dunha cela de interruptor automático, a cal se instala no novo centro de repartición Folgueiro (expediente 04/2013).

– LMT entrada LMT Covas ao novo centro de repartición Folgueiro a 20 kV, con orixe no apoio existente situado ao carón do centro de repartición e final nunha cela situada no interior do centro de repartición, cunha lonxitude de 30 metros en condutor RHZ1-240.

– LMT saída LMT Covas do novo centro de repartición Folgueiro con dirección ao Vicedo/Vilasuso a 20 kV, con orixe nunha cela situada no interior do centro de repartición e final no apoio existente situado ao carón do centro de repartición, cunha lonxitude de 30 metros en condutor RHZ1-240.

– LMT saída do novo centro de repartición Folgueiro con dirección ao CTI N. Folgueiro (CD 1499) CTI Xurbal, con orixe nunha cela situada no interior do centro de repartición e final nunha arqueta na que se realiza un empalme coa LMT existente con dirección ao CTI N. Folgueiro, cunha lonxitude de 24 metros en condutor RHZ1-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de setembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo