Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración sucesiva do material necesario para a determinación analítica de drogas de abuso en urina pola técnica EMIT e o mantemento dos equipamentos necesarios para a realización das ditas determinacións (expediente MS-SER1-14-021).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MS-SER1-14-021.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva do material necesario para a determinación analítica de drogas de abuso en urina pola técnica EMIT e o mantemento dos equipamentos necesarios para a realización das ditas determinacións.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 81, do 29 de abril de 2014.

Boletín Oficial del Estado nº 104, do 29 de abril de 2014.

Diario Oficial da Unión Europea nº 2014/S 077-133170, do18 de abril de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 628.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 262.000 euros. Importe total: 288.200 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 31.7.2014.

b) Data de formalización: 1.9.2014.

c) Contratista: Siemens Healthcare Diagnostics, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 253.140 euros. Importe total: 278.454,01 euros.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos