Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Agolada

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza correspondente á oferta de emprego público de 2009.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 176, do 12 de setembro de 2014, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover, mediante oposición libre, a seguente praza correspondente á oferta de emprego público do ano 2009.

Unha praza de auxiliar administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala servizos auxiliares-administrativos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia ou no taboleiro de edictos deste concello e na súa páxina web.

Agolada, 15 de setembro de 2014

Héctor Miguel Martínez Sanz
Alcalde en funcións