Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 79/2014).

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 8 de setembro de 2014, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar os volumes edificables e concretar as condicións estéticas e de composición para a construción dunha edificación de uso comercial, en substitución da existente na actualidade, nun ámbito localizado entre a avenida de Bértoa, a rúa Xosé Manuel Eirís, a rúa Gustavo Freire e a rúa Fernando Camarot, promovido pola entidade Lidl Supermercados, S.A.U., que afecta directamente as parcelas catastrais 5758032NH2855N0001KM, 5758015NH2855N0001AM e 5758016NH2855N0001BM.

Así mesmo, faise constar que o 26 de setembro de 2014 se remitiu á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada de dous exemplares do documento debidamente dilixenciado polo secretario do Concello.

Carballo, 29 de setembro de 2014

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde