Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de outubro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/47/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 20 de marzo de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/47/2013-RP1 polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha nave con tipoloxía industrial, construción auxiliar, soportal aberto, os catro piares de formigón que pechan a soleira de formigón e muros de contención de terras no lugar de Rabiño, no termo municipal de Cortegada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Claudina Valeige Carpintero, en calidade de propietaria dun dos terreos onde se levan a cabo estas, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística