Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de outubro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/101/2014, devolta polo servizo de Correos por resultaren os destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 28 de xullo de 2014, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade entre outros a herdeiros de Manuel Fervenza Costa, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar Illa de San Bartolomeu, parroquia de Meira, termo municipal de Moaña (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística