Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45926

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (382/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 382/2012 por instancia de José Manuel Carballo Ruiz contra a empresa Marcariño, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza o 6 de outubro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que se estima a demanda formulada por José Manuel Carballo Ruiz contra a empresa Marcariño, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Marcariño, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de setecentos noventa e seis con setenta e dous euros (796,72 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se for o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Marcariño, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de outubro de 2014

A secretaria xudicial