Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46020

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 138/2014, do 23 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito da AC-447 entre o p.q. 1+410 e o p.q. 2+660 e do treito da AC-546 entre o p.q. 0+000 e o p.q. 0+510 a prol do Concello de Negreira.

Segundo o teor do previsto no artigo 9.5 da Lei 8/2013, do 8 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das travesías urbanas ou de tramos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, cando adquiran a consideración de vías urbanas, se realicen a favor do concello polo cal estes discorran e exista acordo entre este e a Administración titular da estrada, poderán ser aprobados pola consellería competente en materia de estradas. No resto dos casos, deberán ser aprobados, de forma motivada, por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da citada consellería.

O Concello de Negreira solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade da avenida de Santiago (AC-544) e da avenida da Barcala (AC-546).

A Axencia Galega de Infraestruturas emitiu informe favorable sobre o cambio de titularidade de:

– AC-447 Negreira (AC-544)-Negreira: treito entre o p.q. 1+410 (na intersección en T que vaia á variante de Negreira) ao p.q. 2+660 (intersección coa rúa Fonte do Carmen e final desta estrada).

– AC-546 Negreria-A Pereira (AC-400): treito entre o p.q. 0+000 (intersección coa avenida das Brañas, antiga AC-444, que se transferiu ao concello o 5.5.2014) ata o p.q. 0+510 (intersección coa antiga AC-437 que se transferiu ao concello o 4.1.2013).

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 8/2013, do 8 de xuño, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de outubro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Negreira de:

– AC-447 Negreira (AC-544)-Negreira: treito entre o p.q. 1+410 (na intersección en T que vaia á variante de Negreira) ao p.q. 2+660 (intersección coa rúa Fonte do Carmen e final desta estrada).

– AC-546 Negreria-A Pereira (AC-400): treito entre o p.q. 0+000 (intersección coa avenida das Brañas, antiga AC-444, que se transferiu ao concello o 5.5.2014) ata o p.q. 0+510 (intersección coa antiga AC-437 que se transferiu ao concello o 4.1.2013).

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 8 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Negreira deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponden ao Concello de Negreira, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de outubro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas
P.S. (Decreto 122/2014, do 25 de setembro;
DOG núm. 184, do 26 de setembro)
O vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
Alfonso Rueda Valenzuela