Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46872

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestres de 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014 que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2014

2015

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster da Madeira de Galicia, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

29.1.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

29.1.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

30.1.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Cluergal (Asociación Clúster Gallego de la Industria de Apoyo al Desarrollo de las Energías Renovables y la Sostenibilidad Energética), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

30.1.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e A.T. Consultores & Auditores, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

30.1.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Teamandtime Solutions, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

3.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Dirección por Implicación, S.A., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

3.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

6.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Serviguide Consultoría, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

11.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Estrategia y Organización, S.A., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

13.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), co fin de acoller
bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

13.2.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de prácticas de alumnos do Máster oficial en desenvolvemento económico e innovación

13.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Teamcon Group, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

19.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Estratega Consulting Global, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

24.2.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Inova Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

24.2.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e asociacións de empresarios de orixe galega no exterior (A Rede) para o desenvolvemento de diversas accións de promoción e fortalecemento da Rede

28.2.2014

470.950

470.950

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a rede de plataformas empresariais galegas no exterior (Pexga) e o servizo de licitacións internacionais (SALT)

3.3.2014

2.000.000

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Audiovisual Galego, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

5.3.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Federación Galega de Xoves Empresarios-Fegaxe, co fin de acoller

bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

7.3.2014

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Federación Galega de Xoves Empresarios-Fegaxe para a posta en marcha de actividades relacionadas cos servizos da Unidade Galicia Emprende

10.3.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster del Naval Gallego (Aclunaga), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

11.3.2014

Sen achega económica

Acordo interadministrativo de colaboración acadado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Consellería de Economía e Industria (Instituto Galego de Promoción Económica) sobre o traspaso ao Igape das cantidades transferidas á dita consellería por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da conferencia sectorial en concepto de subvención dos préstamos acollidos á Orde APA/165/2008, do 31 de xaneiro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas aos titulares de explotacións gandeiras para sufragar o custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria

14.3.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as cámaras de Comercio, Industria e Navegación galegas, para o desenvolvemento do Plan Foexga 2014, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

4.4.2014

1.000.000

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster de Biotecnología de Galicia, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

7.4.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Álvarez Feal, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

7.4.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Galega de Feiras/Eventos (Agafe), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

7.4.2014

Sen achega económica

Addenda ao acordo de colaboración, asinado o 20 de maio de 2013, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e La Caixa Emprendedor XXI (Grupo La Caixa) para a organización do Premio Emprendedor XXI

8.4.2014

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos para a posta en marcha e o desenvolvemento de actividades de fomento de emprendemento no ámbito rural

8.4.2014

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) para apoiar os investimentos das empresas galegas

8.5.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2014)

9.5.2014

480.000

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa Microcréditos)

26.5.2014

195.000

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos de financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes)

26.5.2014

Sen achega económica

Acordo de financiamento do instrumento de enxeñaría financeira préstamos Jeremie-Igape, previsto no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia entre a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos (DXPF) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

3.6.2014

Sen achega económica

Addenda ao protocolo de actuacións de colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Xunta de Galicia, a través da entidade de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica, para a reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

16.6.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes

23.6.2014

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Administración xeral do Estado, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, a Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para promover actuacións de mellora da competitividade de empresas/emprendedores nos territorios galegos de especial priorización para o reequilibrio do seu desenvolvemento económico; Plan Ferrol, Plan Impulsa Lugo, Plan Impulsa Ourense e Plan Revive Costa da Morte

27.6.2014

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración, asinado o 18 de abril de 2013, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de actividades formativas ao abeiro do proxecto ATC4Excellence

30.6.2014

Sen achega económica

Acordo interadministrativo de colaboración acadado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Consellería de Economía e Industria (Instituto Galego de Promoción Económica) sobre o traspaso de crédito ao Igape en concepto de subvención dos préstamos acollidos á Orde APA/165/2008, do 31 de xaneiro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas aos titulares de explotacións gandeiras para sufragar o custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria

1.7.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Federación Galega de Xoves Empresarios-Fegaxe para a posta en marcha de actividades relacionadas cos servizos da Unidade Galicia Emprende, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013

15.7.2014

24.000

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013

24.7.2014

23.000