Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46868

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

Os días 9, 10, 11, 16 e 18 de decembro de 2014.

4. Lugar de celebración:

Academia de ensinanza Newton.

Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo.

27800 Vilalba (Lugo).

5. Número de prazas:

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 9.12.2014

15.30-17.30 h

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

17.30-19.45 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

Día 10.12.2014

15.30-18.30 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

18.30-19.45 h

Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases.

Día 11.12.2014

15.30-16.30 h

Praguicidas e ambiente II. Problemas que presentan II. Destrución de envases II.

16.30-19.45 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 16.12.2014

8.30-11.30 h

Prácticas e demostración/exemplificación con EPI.

11.30-12.45 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Prácticas.

Día 18.12.2014

8.30-10.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas.

10.30-11.45 h

Repaso xeral.

11.45-12.45 h

Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: os días 9, 10, 11, 16 e 18 de decembro de 2014.

Lugar de celebración do curso:

Academia de Ensinanza Newton.

Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo.

27800 Vilalba (Lugo).

Duración:

20 horas teórico/prácticas.

Horario:

Os días 9, 10 e 11 de decembro das 15.30 ás 19.45 horas. O 16 e 18 de decembro das 8.30 ás 12.45 horas.

Nº de prazas:

Máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, ent., 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.

Tel.: 982 58 50 98. Fax: 982 57 51 01. Correo electrónico: formacion@amarina.org acompañada de:

– Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos.....................................................................................................................

Data de nacemento................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................

Enderezo..................................................................................................................................

CP........................................... Localidade..............................................................................

Teléfono................................. Correo electrónico...................................................................