Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 46997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 202/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 202/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa Osorio Méndez, C.B., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de outubro de 2014.

Milagritos Belso Sempere, maxistrada do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 202/2013, e nos cales son parte, dun lado, como demandante, Mutua Gallega de A.T. e como demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Osorio Méndez, C.B., sobre seguridade social, pronunciou en nome de S.M. o Rei, a seguinte sentenza:

Decido:

Que debo de estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a mercantil Osorio Méndez, C.B. e condeno a mercantil codemandada, como responsable directa, a aboar á demandante a cantidade de seis mil oitocentos euros con sesenta e cinco céntimos en concepto de asistencia sanitaria.

Así mesmo, debo declarar e declaro a responsabilidade subsidiaria da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social, como xestor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, para o suposto de que se declarase a insolvencia empresarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Osorio Méndez, C.B., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2014

A secretaria xudicial