Mediante Resolución da Axencia Galega de Innovación do 26 de xuño de 2014 (DOG do 4 de xullo) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia.
O artigo 3 establece os requisitos dos beneficiarios e o 5 establece a documentación que deben presentar para ter acceso ás axudas.
O artigo 12 regula a resolución e a notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración avalíe as solicitudes non excluídas conforme os dous artigos anteriores e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10.
Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada na sesión do 27 de outubro de 2014 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 26 de xuño de 2014, a Axencia Galega de Innovación
RESOLVE:
Primeiro. Excluír as solicitudes que figuran no anexo I.
Segundo. Non conceder as axudas ás solicitudes que figuran no anexo II por non obter unha puntuación mínima na perspectiva financeira de 6,95 puntos establecida na convocatoria.
Terceiro. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia ás solicitudes que figuran no anexo III e polos importes que se indican.
Cuarto. O importe total das axudas concedidas é de trescentos dezaoito mil novecentos setenta e dous euros con cincuenta e cinco céntimos (318.972,55 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro:
Aplicación orzamentaria |
Importe |
08.A3.561A.743.0 |
227.210,69 |
08.A3.561A.781.0 |
91.761,86 |
Total |
318.972,55 |
Quinto. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Competitividade para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación (actuacións 1, 7 e 8).
Sexto. De conformidade co establecido no artigo 21 da resolución pola que se convocan as axudas, o 50 % do importe das axudas será librado con carácter de anticipo, unha vez publicada a resolución.
Sétimo. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 20.
Oitavo. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014
Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Relación de solicitudes excluídas
Expediente administrativo |
Entidade |
Acrónimo |
NIF |
Motivo de exclusión |
IN845C-4 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial |
Cetim |
G70302427 |
Non cumpren o requisito establecido no artigo 3 de ter como mínimo 10 traballadores na data de peche da convocatoria. |
IN845C-7 |
Centro de Innovación Tecnolóxica en Enxeñería e Edificación Civil-Fundación Enxeñería Civil de Galicia |
CITEEC- FICG |
G15422657 |
Non cumpren o requisito establecido no artigo 3 de ter como mínimo un inmobilizado material de 150.000 € na data de peche da convocatoria. Non presentan a documentación establecida no artigo 5 da convocatoria. |
ANEXO II
Relación de solicitudes que non acadaron a puntuación mínima na perspectiva financeira para seren beneficiarias da axuda
Expediente administrativo |
Entidade |
Acrónimo |
NIF |
Puntuación perspectiva financeira |
IN845C-2 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética |
Energylab |
G27719913 |
6,0981997296 |
IN845C-5 |
Instituto Galego da Calidade Alimentaria |
Ingacal |
Q1500322A |
5,3728688936 |
IN845C-8 |
Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial |
Itmati |
S1500111H |
0,0000000000 |
ANEXO III
Relación de solicitudes concedidas
Expediente administrativo |
Entidade beneficiaria |
Acrónimo |
NIF |
Importe da axuda (€) |
Aplicación orzamentaria |
IN845C-1 |
Centro Tecnolóxico do Mar |
Cetmar |
G36885853 |
147.620,690 |
08.A3.561A.743.0 |
IN845C-3 |
Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura |
Cetga |
G36884260 |
91.761,860 |
08.A3.561A.781.0 |
IN845C-6 |
Fundación Centro Tecnolóxico da Carne |
CTC |
G32273427 |
79.590,000 |
08.A3.561A.743.0 |