Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47917

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2014, da Dirección Xera l de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Do 1 ao 5 de decembro de 2014.

4. Lugar de realización:

Fundación Coren.

Estrada nacional 120, vía provincial O-410, nº 41, Razamonde, 32459 Cenlle (Ourense).

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 1.12.2014

16.30-16.45 h

Introdución.

16.45-18.15 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

18.15-19.15 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

19.15-20.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 2.12.2014

16.30-17.30 h

Lexislación.

17.30-19.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

19.45-20.30 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 3.12.2014

16.30-18.30 h

Métodos de loita antivectorial.

18.30-20.30 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 4.12.2014

16.30-18.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.30-19.30 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

19.30-20.30 h

Resolución de exercicios prácticos.

Día 5.12.2014

16.00-18.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

18.00-19.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

19.00-20.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

20.00-21.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 1 ao 5 de decembro de 2014.

Lugar de realización do curso:

Fundación Coren.

Estrada nacional 120, vía provincial O-410, nº 41, Razamonde.

32459 Cenlle (Ourense).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.30 ás 20.30 horas, agás o día 5.12.2014 que será das 16.00 ás 21.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 24 de novembro de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfonos: 981 88 69 24 e 639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneaformacion@sanea.org

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: