Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47916

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 5 de novembro de 2014 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN314A).

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 218, do 13 de novembro de 2014, páxina 47228, cómpre facer a seguinte modificación.

Onde di:

«Artigo único

Amplíase ata o 19 de decembro de 2014 (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da citada Orde do 6 de xuño de 2014 de renovación de cubertas con lousa na Comunidade Autónoma de Galicia».

Debe dicir:

«Artigo único

Amplíase ata o 5 de decembro de 2014 (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da citada Orde do 6 de xuño de 2014 de renovación de cubertas con lousa na Comunidade Autónoma de Galicia».