Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47952

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (859/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 859/2012 desta sección, seguido por instancia de Juan José González Prieto contra a administración concursal de Aplicaciones Metalúrgicas Gómez, S.L. sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di:

«Resolvemos:

Estimando o recurso de suplicación articulado por Juan José González Prieto contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo, con data do 10 de novembro de 2011, en autos número 203/2011, sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade, instados por aquel fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Aplicaciones Metalúrgicas Gómez, S.L. e a administración concursal desta, revogamos a resolución de instancia e condenamos a empresa codemandada ao aboamento da recarga por falta de medidas de seguridade na contía do 30 % sobre as prestacións recoñecidas ao traballador accidentado e as entidades xestoras codemandadas a se ater a tal declaración con todos os efectos legais oportunos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á administración concursal de Aplicaciones Metalúrgicas Gómez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de outubro de 2014

A secretaria xudicial