Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47954

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (416/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 416/2012 por instancia de Julio Perfecto Alvarellos Fondo contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre recoñecemento de dereitos, en que recaeu sentenza con data do 28.10.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda interposta por Julio Perfecto Alvarellos Fondo fronte á empresa Esabe Vigilancia, S.A., e queda absolta esta das pretensións dirixidas contra ela.

Notifíquese ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2014

A secretaria xudicial